PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Así o confirmou Educación
O financiamento universitario crecerá o 4,09%

Redacción .  A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, confirmou que o financiamento universitario crecerá o 4,09 por cento o próximo ano con respecto ao 2008, cunha partida de 401,3 millóns, fronte aos 385 do exercicio actual, polo que garantiu que 'non se reducirá nada'.

Reloxo 15.10.2008 | 17:58

Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación. AGN En rolda de prensa, a titular de Educación resaltou o "esforzo importante e singular" do Goberno galego na situación de crise económica actual e puntualizou que co plan de financiamento universitario vixente o incremento ascendería ao 0,46 por cento, con 387 millóns.

Así, ratificou o anuncio realizado polo propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que xa adiantara un financiamento adicional para as universidades galegas no 2009. "Non se reducirá nada e, por encima, crecerá. Esta é a situación real", reiterou. Sánchez Piñón garantiu tamén o mantemento do financiamento incondicionado e recordou os 11 millóns adicionais apuntados por Touriño, co que o investimento aumentará máis dun catro por cento. "Comparado con outras comunidades é superior", dixo e agregou que "Galiza aposta claramente polas universidades".

"En ningún momento se pode pór en dúbida o esforzo polo sistema universitario", manifestou a titular de Educación, á vez que recalcou que "nun momento de austeridade" a Xunta "garante o financiamento e capacidade investigadora das tres universidades".

Revisar o modelo

A conselleira ratificou o compromiso de Touriño de revisar no primeiro semestre do próximo ano o modelo de financiamento universitario en Galiza. "O compromiso é reformar o plan no primeiro semestre de 2009 e está nos orzamentos do próximo anos. É un compromiso firme", apostilou.

Neste sentido, xustificou o atraso da revisión coa situación de crise. "No momento que estea resolta poderemos abordar novos obxectivos", sentenciou.

Con todo, a titular de Educación realizou un chamamento á "responsabilidade institucional de todas as partes". Sobre a posición dos reitores, que demandaban máis recursos e a revisión do modelo canto antes, Sánchez Piñón considerou que "os tres mostran esa responsabilidade". "Son conscientes da situación", afirmou e mostrouse "absolutamente convencida de que os tres reitores terán esa responsabilidade".

"O que todos queremos é facer o mellor cos fondos que temos", insistiu, pero matizou que o actual "é un momento de reflexión". No entanto, ratificou que a revisión do modelo de financiamento "estará no primeiro semestre de 2009" tras avanzar "moito" coas tres universidades na elaboración dun novo proxecto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río