PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
SEGUNDO DENUNCIA A MESA
'Fraude' nas axudas ás empresas polo galego

Redacción .  A Xunta suprimiu as subvencións ás compañías para promocionar o idioma e no seu lugar instaurou un 'macroconvenio' coa Confederación de Empresarios que, segundo argumenta Carlos Callón, 'é unha mostra do uso fraudulento do diñeiro público'.

Reloxo 15.10.2008 | 14:04

Carlos Callón, voceiro da Mesa pola Normalización Carlos Callón, voceiro da Mesa pola Normalización Esquerda   1 / 3  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A Mesa pola Normalización acusa a Xunta de eliminar as subvencións para promover o galego nas empresas. "Touriño eliminou esta partida de axudas e cambiouna por un macroconvenio coa Confederación de Empresarios que non está a dar resultados se non que máis ben é unha mostra do uso fraudulento do diñeiro público", denuncia o presidente desta organización, Carlos Callón.

O Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), aprobado en 2004 por unanimidade, estabelece a creación desas axudas públicas. Con todo, unha “das primeiras accións de Touriño” foi eliminalas, segundo explicou en Compostela a MpN en rolda de prensa. Carlos Callón esixiu que "se retomen de inmediato" estas subvencións.

Que foi da factura electrónica en galego?

Callón alertou que hai máis medidas do PXNL que non están en marcha catro anos despois. Por exemplo, o asesoramento lingüístico en galego ás compañías, conceder axudas de formación continua, animar a publicidade en galego e impulsar as novas tecnoloxías de facturación e contabilidade en galego.

O galego é un bo negocio

"Non se pode consentir que en Galicia existan empresas nas que non é posíbel realizar xestións en galego", advertiu Callón, "quen queira utilizar o galego debería ter dereito a empregalo".

Ademais, Callón explicou que "existen estudios de mercado que aseguran que o feito de que unha empresa empregue o galego se ve como algo positivo mesmo por parte daqueles que habitualmente falan en castelán". "Non é certo o nos fan crer certos partidos políticos de que que as persoas que falan castelán están en contra do galego. Iso é falso", sentenciou.

Dereito nos servizos públicos como o teléfono

Por outra banda, Callón fixo referencia "aos incumprimentos" en materia comercial da Carta Europea de Linguas Rexionais Minoritarias, ratificada por unanimidade no Congreso dos Deputados en 2001.

En concreto, o presidente da Mesa reiterou que os servizos públicos, tales como a telefonía, a electricidade ou o gas, tanto os proporcionados polo estado como as concesións administrativas, "deben ter cláusulas de dereitos lingüísticos para garantir a atención ao público en galego".

Gabanzas a Caixa Galicia e Caixanova

Nesta liña, Callón asegurou que "a maioría dos servizos públicos vulneran" este dereito. "Aínda son moi poucas as compañías telefónicas que ofrecen servizo en galego e hai empresas de aprovisionamento de gas que non recoñecen a validez de escritos en galego", advertiu.

Ademais, Carlos Callón tamén resaltou que, a pesar do que indica a Carta, o galego "está ausente da maioría da documentación financeira e bancaria" a pesar, sinalou, do labor de Caixa Galicia, Caixanova e a propia Mesa Pola Normalización Lingüística.

POLAS CARTAS AOS COMERCIANTES
A Mesa de responde a Galicia Bilingüe
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

No relativo ás voces que acusan a Mesa de enviar cartas "ameazantes" a algúns comerciantes para que empreguen a lingua galega, Carlos Callón cualificouno de "campaña difamatoria" contra a asociación e asegurou que "non é certo" que enviaran cartas ameazantes.

"Nós traballamos polo cumprimento da lei e pola convivencia", destacou Callón, "aínda que nos denuncien por defender a lei, seguiremos defendéndoa".

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río