PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
En Pontedeume, a súa vila natal
Ultimo adeus ao poeta Ramiro Fonte

Redacción .  O poeta e intelectual galego Ramiro Fonte, que faleceu esta fin de semana no Hospital Bellvitge de Barcelona, onde se atopaba ingresado dende o pasado 23 de setembro, será soterrado hoxe en Pontedeume.

Reloxo 11.10.2008 | 12:58

Ramiro Fonte Ramiro Fonte Esquerda   1 / 3  Dereita  

Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, Ramiro Fonte foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo, en 1977. Nacido en Pontedeume en 1957, ademais de poeta cultivou a narración, o ensaio, a crítica e foi un estudoso da literatura galega.

Conta cunha importante obra narrativa, na que destacaba a súa triloxía “Vidas de infancia” formada por “Os meus ollos” (Xerais 2003), “Os ollos da ponte” (Xerais 2004) e “A ponte nos ollos” (Xerais 2007). A súa produción poética,recibiu importantes recoñecementos, entre os que se atopan o Premio da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica Española, o Premio Esquío e o Premio Miguel González Garcés.

Entre a súa obra poética atópanse 'As cidades da nada' (1983), 'Designium' (1984), 'Pensar na tempestade' (1986), 'Pasa un segredo' 1988, 'As lúas suburbanas' (1991), 'Adeus norte' (1991), 'Luz do mediodía' (1995), 'Persoas de amor' (1995), 'O cazador de libros' (1997), 'Mínima moralidade' (1998), Capitán Inverno (1999) e 'A rocha dous proscritos' (2001).

Ramiro Fonte era desde hai anos colaborador habitual de A Nosa Terra, onde mantivo unha columna aberta ás súas intensas inquedanzas culturais. Na actualidade, ademais, dirixía o instituto Cervantes de Lisboa.

Pesar do goberno galego

O Goberno galego manifestou este sábado as súas condolencias e a súa "consternación" pola morte de Ramiro Fonte, unha perda que cualificaron de "irreparable", tanto para as letras e a cultura galega como "a nivel persoal".

En senllos comunicados de prensa, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, lamentaron o falecemento do actual director do Instituto Cervantes de Lisboa.

Touriño destacou que as letras e a lingua galega "están de loito porque Galicia perde hoxe unha das voces máis lúcidas da literatura", ao tempo que trasmitiu á familia do escritor as súas condolencias persoais.

Pola súa banda, Ánxela Bugallo, que anunciou que asistirá aos actos fúnebres que terán lugar en Pontedeume (A Coruña), pobo natal de Fonte, eloxiou o seu papel como o "poeta e narrador" máis destacado dos últimos anos.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río