PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
NOVAS AUTORIZACIÓNS
O gran irmán na Coruña e Santiago

Redacción .  Nestas dúas cidades hai 75 cámaras con permiso para gravar aos cidadáns na rúas

Reloxo 17.12.2007 | 14:25

Cámara de videovixilancia Cámara de videovixilancia. Flickr: Quam 07 A Delegación do Goberno autorizou 75 cámaras de videovixilancia nas rúas de Compostela e Coruña. Ademais, existen dous expedientes de autorización en trámite no concello da Coruña.

Así figura nunha resposta a unha interpelación presentada polo senador do BNG, Francisco Jorquera.

Detalles das rúas

A resposta do Goberno informa con carácter xenérico de que “as do municipio da Coruña atópanse nas casas consistoriais e servizos económicos do concello, rúa da Franxa, edificio da Policía Local, garaxe da Policía Local na rúa Orillamar e na estación de autobuses”.


En canto ás de Santiago de Compostela, “atópanse na Costa do Cristo, soportais do Pazo de Raxoi, avenida de Raxoi, Praza do Obradoiro, Praterías, Quintana, Cervantes, Toural, San Francisco e Pazo do Parlamento de Galiza”.

Hai que advertir aos cidadáns

No referido ás autoridades responsábeis das cámaras  “as do municipio da Coruña, o responsábel é o Concello; as do concello de Santiago de Compostela, o concello, agás as do Pazo do Parlamento, cuxo responsábel é a Policía Nacional”.

A lei establece que “o público será informado de maneira clara e permanente da existencia de videocámaras fixas, sen especificar o seu emprazamento, e da autoridade responsábel” das mesmas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río