PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Vitorias en Barcelona e Andorra
Éxitos de Galiza en Judo e Taekwondo

Redacción .  As seleccións galegas acadan triunfos en varias disciplinas, como o proba a pasada fin de semana, cando os combinados de Judo e Taekwondo sumaron vitorias nos seus desprazamentos.

Reloxo 07.10.2008 | 10:58

Taekwondo galego Taekwondo galego

O deporte galego segue acadando éxitos a nivel de combinados propios. Este fin de semana, as seleccións de judo e taekwondo lograron sendos triunfos no Torneo Internacional "Ciutat de Barcelona" e no Open Iternacional de Andorra respectivamente.

En taekwondo, a selección galega regresou de Andorra con tres medallas, xa que Xosé Antonio Carragal fíxose coa medalla de ouro, Andrea Rica a de prata e Pablo Casares cunha medalla de bronce.

Pola súa parte, a selección galega de judo proclamouse campiona do 36º Torneo Internacional de Barcelona na categoría sénior masculina.
Na liguiña previa venceu por 5-0 a selección de Cataluña, á selección da rexión Francesa do Aix en Provence polo mesmo resultado e por 4-1 á selección de Toulouse; o pase á final supuxo superar brilantemente o obstáculo da selección de Madrid por 4-1 e na final demostrar a súa superioridade fronte á campiona das dúas últimas edicións, a potente selección do ACCB de Paris.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río