Redacción . Vén de inaugurarse no Auditorio Municipal, na parroquia de Goián, a exposición 'Siñor Afranio', que repasa a andaina vital do deputado agrarista Antón Alonso Ríos e que está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte.
Onte inaugurouse no Auditorio Municipal de Goián a mostra Siñor Afranio, que rende homenaxe á figura de Antón Alonso Ríos e recorda a súa peripecia vital para fuxir do franquismo. O acto estivo presidido pola delegada provincial de Cultura, Mª Xesús López Escudeiro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez. A mostra, promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, consta de 35 paneis explicativos relacionados coa vida de Alonso Ríos, e do roteiro que se veu obrigado a facer este mestre e político galego para fuxir da represión franquista. Tomiño convértese así no o primeiro municipio que alberga esta exposición. unha vez rematada comezará unha itenerancia que a levará por diversos concellos do sur de Pontevedra. Antón Alonso Ríos, durante os tres anos que durou a Guerra Civil, fíxose pasar por esmoleiro, co nome de "Siñor Afranio", traballando na recollida das colleitas e sendo criado.
Descargar Tarifas