PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Francisco Jorquera, portavoz do BNG no congreso
'Non nos parecen satisfactorios os orzamentos'

Redacción .  O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, afirmou que as partidas que o Goberno destina a Galiza no proxecto de Orzamentos do Estado 2009 “non nos parecen satisfactorias e, desde logo, trátase dun proxecto de Orzamentos manifestamente mellorábel”.

Reloxo 30.09.2008 | 16:36

Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso. AGN Un dos aspectos principais que o deputado salientou é o feito de que a cifra de algo máis de 2.000 millóns que este proxecto recolle “está por debaixo do total consignado para o exercicio do 2008”. Neste sentido, lembrou que o ano pasado e froito da negociación que o BNG mantivo co Goberno conseguíronse para Galiza 2.045 millóns de euros, mentres que “o proxecto para o 2009 que hoxe nos trae á Cámara contén unha cifra inferior”.

Jorquera deixou claro que o BNG vai traballar para “mellorar substancialmente as partidas para o noso territorio no tempo de tramitación do proxecto de Orzamentos no Congreso dos Deputados” e asegurou que “a nosa disposición ao diálogo é reiterada pero temos unha condición, que sexan uns Orzamentos xustos para Galiza”. “O BNG é consciente de que nun contexto de crise económica hai que ser responsábel e non se pode pretender solucionar a un tempo todas as carencias que Galiza ten en infraestruturas, pero aínda así necesitamos máis compromiso inversor”.

O nacionalista sinalou que “a día de hoxe temos unha posición moi afastada respecto a estes Orzamentos, mais exerceremos a nosa capacidade de diálogo para solventar moitas das insuficiencias e carencias que observamos no proxecto do Goberno”.

Eixo Atlántico


O portavoz nacionalista destacou algunhas cuestións referidas ás partidas proxectadas para a alta velocidade ferroviaria. Así, indicou que no que atinxe á conexión coa Meseta, “estimamos que o orzamento se corresponde en liñas xerais coa capacidade de absorción real.” Pero “non sucede o mesmo co Eixo Atlántico que para Galiza é tan importante ou máis que a conexión coa Meseta”.

Explicou que se contemplan uns 181 millóns para actuacións do Eixo entre A Coruña e Vigo “cando a capacidade de absorción orzamentaria é moito maior”. Ademais, subliñou que as partidas contempladas para o tramo Ferrol-A Coruña e Vigo-fronteira portuguesa “son anecdóticas”. Jorquera engadiu que, de acordo con esas partidas, “significa que estes itinerarios van seguir empantanados en fases de estudos”. Para Jorquera “é un feito que o Goberno se obstina en non considerar o Eixo Atlántico na súa totalidade, é dicir, entre Ferrol e a fronteira portuguesa”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río