M. V . As nacións sen estado gañan pulo no movemento antiglobalizador mundial, segundo explicou esta mañá a Fundación Galiza Sempre.
O primeiro Foro Social Galego (FSG) terá lugar os próximos cinco, seis e sete de decembro. Así o deu a coñecer esta mañá en Santiago Xosé Manuel Beiras. O ex-líder do Bloque participou nunha rolda de prensa organizada pola Fundación Galiza Sempre (FGS), que preside, e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para dar a coñecer a participación galega no Foro Social Europeo (FSE), que tivo lugar Malmö entre os días 17 e 21 deste mes. O director da FGS, Xabier Macías informou do “éxito das actividades do Foro Social Europeo”, ao que dixo que acudiron 15.000 persoas. Macías destacou que, por vez primeira, se organizou un seminario especialmente adicado as nacións sen estado. Segundo o director da FGS, o dereito dos pobos a autodeterminación será un dos eixos dos próximos cumios. Tanto Macías, como Beiras e Boán criticaron duramente as políticas económicas neoliberais. “Nunha sociedade que se rexe por principios neoliberais, os dereitos sociais e laborais están cada vez en maior regresión, así como o famoso Estado do Benestar europeo”, sinalou Boán. O sindicalista tamén criticou o trato aos emigrantes na UE e a pretensión de ampliar a xornada laboral. Xosé Manuel Beiras, ademais de criticar a resposta da Xunta e doutras administracións á crise, adiantou que as nacións sen estado terán un espazo propio no próximo Foro Social Mundial. Este terá lugar en Belém, no Brasil, a finais do 2009.
Xabier Macías, Xosé Manuel Beiras e Moncho Boán nunha conferencia.
As nacións sen estado gañan peso no altermundismo
Pola súa banda, o sindicalista da CIG Moncho Boán destacou que o FSE incluíu por vez primeira “unha referencia explícita ao dereito de autodeterminación” na súa declaración. “É un mérito que nos debemos apuntar”, dixo Boán. Outros dos logros galegos no FSE foi que Beiras foi elixido para formar parte do Consello director, sendo o primeiro representante do país neste órgano.
A CIG alerta das novas políticas da UE
Próximas citas antiglobalizadoras
Antes, o 4 de abril, o FSE prepara unha gran manifestación en contra da OTAN o 4 de abril en Estrasburgo. Tamén haberá un contracumio cando os presidentes do oito países máis ricos do mundo acudan a unha reunión en Sardeña en xuño de 2009.
Descargar Tarifas