PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Competirá en Reus para a semana
O fútbol sala feminino galego, ao Mundial

Redacción .  Galiza participará no Mundial de fútbol sala feminino –organizado pola non oficial AMF– que se xogará en terras catalás a próxima semana, con rivais como a Arxentina ou o Brasil. A Xunta entregoulle a equipación ás xogadoras nun acto en Santiago.

Reloxo 25.09.2008 | 08:09

Selección galega de fútbol sala feminino Selección galega de fútbol sala feminino

A conselleira de Cultura e Deporte da Xunta, Ánxela Bugallo, entregoulles onte a equipación ás compoñentes da selección galega feminina de fútbol sala que competirán no Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, organizado pola Asociación Mundial de Futsala (AMF), que comeza en Reus a próxima semana.

A máxima responsábel do Deporte Galego presidiu un acto que contou tamén coa presencia da directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e coa secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Carme Adán. Ánxela Bugallo, que cualificou a participación de Galiza neste Mundial de Fútbol Sala como “histórica”, desexoulle “moita sorte” ás xogadoras galegas para o seu debut ante Rusia, un encontro que presenciarán en directo Marta Souto e Carme Adán.

“Aquí tedes a equipación da ilusión e da esperanza, pois esta camiseta representa o corazón deportivo de toda Galiza. Somos conscientes de que xogaredes contra rivais moi duros ao tratarse dun mundial, pero estou segura de que deixaredes o listón moi alto”, sinalou Bugallo no momento de entregarlles á equipación ás xogadoras. Precisamente, en representación do equipo, falou a capitana da selección, Sonia Pacios, quen recoñeceu que para eles é un “orgullo” e unha “satisfación” poder representar o noso país neste mundial. “Para nós é un orgullo e unha satisfacción moi grande poder representar a Galiza ante rivais da entidade do Brasil, da Arxentina ou de Italia. Sabemos que nos espera un torneo moi difícil, pero viaxamos con moita ilusión para facer algo importante”, confesou Pacios.

Neste campionato do Mundo, ademais de Galiza, participan a Arxentina, Australia, o Brasil, Catalunya, Colombia, Eslovaquia, Italia, Paraguai, República Checa, Rusia e Venezuela.

A convocatoria da selección galega está formada por Silvia Aguete (Leis), Claudia Rodríguez (Burela), Paloma Vilar (Leis), Begoña Fraguas (Leis), Ana Rivera (Verín), Carmen Pérez (Mosteiro), Laura Pérez (C. Burgas), Lucía Álvarez (C. Burgas), Sonia Pacios (C. Burgas), Iria Saeta (C. Burgas), Cecilia Puga (A Combarro), Paula Gómez (Verín), Dolores Sánchez (Burela) e Gema Vidal (Leis).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río