Esther Rodríguez . O que é un hábito entre os arraianos, podería ser unha realidade no conxunto de Galiza. Os Gobernos de España e Portugal aceptan estudar a difusión das televisións lusas en territorio galego.
Plataforma en prol das TVs lusas en Galiza
A demanda defendida polo Bloque Nacionalista Galego de poder recibir a televisión portuguesa na Galiza está a ter boa acollida entre os veciños lusos,atendendo as peticións (non por todos compartidas) de plataformas específicas.
O presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDRN) de Portugal, Carlos Lage, cualificou de "interesante" a idea de que as televisións lusas emitisen tamén para Galiza e indicou que analizará o asunto coa Xunta.
Lage recoñeceu á correspondente de Europa Press que non coñecía a proposta, promovida entre outros pola Fundación Vía Galega, que defende un diálogo máis estreito entre o sistema lingüístico galaico portugués. No entanto, dixo "que é unha idea interesante" e, por iso, na reunión que en breve terá coa Xunta de Galicia terá a posbilidade de falar do asunto.
“Todo o que poida intensificar as relacións culturais e comunicativas entre Portugal e Galicia é benvido", afirmou.
Proposta no Congreso
Na sesión de control ao presidente no Congreso do pasado mércores, e en resposta ao deputado do BNG Francisco Rodríguez, José Luis Rodríguez Zapatero sinalara que “o Goberno está aberto a estudar a posibilidade de planificar un novo multiplex autonómico adicional para poder difundir a televisión portuguesa na Galiza”.
Nas televisións portuguesas, fixéronse eco da demanda. Así, en noticeiros televisivos reflicten que, pese á normativa, a difusión do galego está en clara desvantaxe respecto do castelán.
Descargar Tarifas