Horácio Vixande . O accidente de Barajas tivo moito a ver coa implementación dun modelo de tráfico aéreo obsesionado por reducir custos.
O nacemento das compañías aéreas de baixo custo implicou un descenso no prezo dos billetes, un aumento da competencia e o incremento das rutas en beneficio da pasaxe. Con todo, a crise do petróleo ameazou con facer desaparecer a maioría das compañías. Un estudo alertaba de que se o prezo do cru segue por riba dos 150 euros o pipo, en tres anos en Europa só quedará a irlandesa Ryanair sen rexistrar perdas. O axuste de gastos é a única alternativa a este sector, mais trae aparellado o incremento de riscos. A propia Ryanair traspasoulle aos clientes os seus problemas derivados da crise e en verán anunciou unha redución do 14% dos voos para o inverno, a supresión de dúas das súas cinco bases en España e unha cancelación de reservas que as autoridades consideraron abusiva porque lesionaba os dereitos dos usuarios. Ademais, os pilotos da compañía denunciaron que a empresa raciona o combustíbel para que os avións carguen con menos peso e consuman menos. Á marxe das estratexias que adoptase, Ryanair de momento está a evitar a crise, pero outras compañías tiveron que tomar medidas máis drásticas. En setembro de 2007, a empresa de baixo custo Vueling iniciou unha crise que a levou finalmente a integrarse na filial de Iberia, Clickair, tamén de baixo custo. O panorama español é un dos máis afectados pola competencia das compañías de baixo custo e a segunda empresa do sector, Spanair, estivo a piques de saír á venda o ano pasado, cando se albiscaban as dificultades económicas derivadas do incremento do prezo do petróleo. A propietaria de Spanair, SAS (Scandinavian Airlines) decidiu en primavera de 2007 poñer á venda a compañía española, da que é propietaria do 100% das accións. As razóns argüídas incluían "as condicións adversas do mercado da aviación en España e o alto prezo do combustíbel". Dous meses máis tarde, SAS renunciou á venda de Spanair por non atopar un comprador que pagase o auténtico valor da compañía. Denuncias. Por outra banda, a raíz do accidente do 20 de agosto en Madrid, o Sindicatos de Pilotos SEPLA, maioritario en Spanair, denunciou presións da compañía para relaxar as normas de seguridade e asegurou que a empresa vive nunha situación de caos. Este colectivo sinalou que os distintos departamentos da dirección funcionan autonomamente e sen coordinación. Esta forma de organización é un mecanismo máis dos que se empregan para mellorar a conta de resultados e que consiste en introducir a competencia non só co exterior, senón tamén internamente dentro das empresas. compañía moi coñecida emprega sistematicamente falsas ameazas de turbulencias para sentar a pasaxe e vender con comodidades os produtos da súa boutique. O escritor Isaac Rosa preguntábase no diario Público se as compañías aéreas "de verdade só aforran en catering", para lembrar a continuación que "a seguridade aérea nos últimos tempos reducíase aos perigos do terrorismo, desatendendo outros posíbeis riscos". Entre os eventuais problemas que cita o autor teñen que ver con "mantementos máis breves, avións máis vellos, menos persoal, máis horas de traballo e menos formación". Con todo, Isaac Rosa, que admite que accidentes mortais hai poucos aínda que sexan numerosos os incidentes, non pon en cuestión o modelo aéreo español e europeo, limítase a sinalar que "se temos que asumir máis riscos, queremos saber cales".
Accidente de Spaneir en Madrid, o pasado agosto.
A chegada das low cost introduciu unha nova cultura de seguridade aérea. Moitas destas empresas realizan as reparacións pola noite e unha
Nos anos oitenta, a fórmula escollida pola conservadora Margaret Thatcher para reducir a déficit da Railtrack (rede ferroviaria británica) foi a privatización das infraestruturas e a introdución da competencia entre compañías de transporte de viaxeiros e mercancías.
Á marxe dos positivos resultados para as arcas públicas, provocou que, durante 15 anos, desde 1985 a 2000, o Reino Unido, con fama de trens rápidos e seguros, fose o país de Europa cun número máis alto de accidentes ferroviarios con vítimas. Nese período producíronse seis accidentes graves e contabilizáronse 90 falecementos por esa causa. Outros países rexistraron máis mortes por situacións semellantes, pero o número de accidentes resultou inferior. Por outra banda, o número de accidentes sen mortos no Reino Unido foi tamén moi superior ao resto de Europa, rexistrándose moitos feridos.
As multas impostas polas autoridades británicas ás empresas ferroviarias foron unha práctica sistemática durante do thatcherismo, pero non conseguiron reducir o número de accidentes. A raíz do choque de dous trens en Inglaterra en febreiro de 2001, no que faleceron 13 persoas e moitas resultaron feridas, un medio de comunicación independente como a BBC asegurou que "os accidentes poñen encol da mesa o debate sobre a privatización dos servizos ferroviarios británicos". Pouco despois a Railtrack foi renacionalizada e os incidentes foron reducíndose paulatinamente.
Descargar Tarifas