PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Expulsión en comisión no Parlamento
"Señor López Veiga, abandoe a sala"

Manuel Vilas Comisión de Sanidade movida no Parlamento. O socialista Francisco Cerviño expulsa da comisión parlamentar ao deputado popular e opinador de ANT López Veiga.

Reloxo 13.12.2007 | 14:53

López Veiga no intre de ser expulsado López Veiga no intre de ser expulsado. TVG O deputado do PPdeG Enrique López Veiga, colaborador de opinión de A Nosa Terra Diario, convertiuse en protagonista da comisión parlamentaria de Sanidade, non por participación senón polo contrario: por ser expulsado da mesma. “Voume, pero esto é unha falta de respecto”, afirmou mentres saía da sala tras ser “invitado” a marchar polo presidente da comisión, o socialista Francisco Cerviño.

Todo comezou despois de que Cerviiño chamara á orde á deputada popular Susana López Abella, autora de catro preguntas sobre pensións de viúvez, quen interrompeu a exposición do director xeral da Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, para demandar que desglosara os datos por provincias como demandada o seu grupo.

A sesión viuse interrompida de novo cando Fuenteseca tomou a palabra na quenda de peche, momento no que presidente da comisión volveu chamar á orde en dúas ocasións a López Veiga (que facía comentarios críticos), ao que finalmente expulsou da sala. Seguidamente volveu recriminar as interrupcións á deputada popular, quen insistiu en reclamar os datos como constaban nas súas preguntas. "Señora López Abella non faga filibusterismo. Non estou disposto a consentilo", replicou Cerviño.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río