PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Xa nas librarías e quioscos
O décimo Retranca despide o verán a golpe de festas

Redacción .  Pouco antes de facer o seu primeiro ano de vida, a revista Retranca despide o verán cun número especial que vale por dous.

Reloxo 03.09.2008 | 10:32

Portada do Retranca número 10 Portada do Retranca número 10

En setembro a almiña en pena de sorriso malévolo, mascota da revista, marcha de vacacións (non sabemos se á romaría de Santo Andrés de Teixido), e non sae número de Retranca. Pero até a primeira semana de outubro temos 64 páxinas de retranca, cun prezo de 4.40 euros, para seguirmos a gozar das festas do verán.

Neste "Extra" poderemos coñecer as vacacións do Carrabouxo, achegarnos ás festas rachadas da man de Xaquín Marín, ou darlle un repaso á moda das feiras medievais con Luís Davila. Miguelanxo Prado ofrece unha perspectiva dos costumes cotiáns do verán, e, como non todo vai ser festa, tamén vén Retranca cunha guía de profesións propias do verán.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río