PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
'Faille un clic ao galego'
13.000 descargas da campaña de Microsoft en galego

Redacción .  As versións informáticas en galego de Windows Vista e Microsoft Office 2007 rexistraron un total de 13.000 descargas. Así o afirmou o martes a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, durante a entrega de premios da campaña 'Faille un clic ao galego' aos oito mozos que máis baixadas gratuítas destas dúas interfaces promoveron Rubén Vilar, Óscar Fernández, Xulio Lema, Xulio Ares, Xesús Pérez e Fátima Solloso.

Reloxo 11.06.2008 | 16:24
TAGS: PEGSI , Microsoft , lingua ,

A secretaria xeral de Política Lingüística felicitou aos premiados e ás entidades colaboradoras nesta iniciativa e cualificou ás novas tecnoloxías de "locomotora para a lingua", polo que animou ás empresas do sector das tecnoloxías da información a que "sigan avanzando na incorporación do galego nos seus produtos".

Así mesmo acudiron á entrega de premios o director de Sector Público da Delegación de Galicia de Investrónica, Xesús Álvarez; o account manager de Dell Computer, Xavier Díaz; o presidente da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, Xurxo Cebreiros; e a xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica, Montserrat Pardo.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Microsoft Ibérica dende a URL www.microsoft.es/gal.

Dúas estratexias diferentes

O Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) establece o apoio da Xunta aos programas libres, que calquera pode modificar (ou traducir) e redistribuír. Malia que as aplicacións de Microsoft non son libres, seguen a contar co apoio explícito de varias consellerías, principalmente nas mans dos socialistas, como proba “Faille un clic ao galego”.

Mentres tanto, a Consellería de Innovación e Industria –promotora do PEGSI– está a investir unha importante cantidade de diñeiro nos programas abertos, competidores dos de Microsoft. Industria desenvolve aplicacións libres en galego a través de Mancomun.org e coa axuda dunha ampla comunidade de voluntarios do país.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil