PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
FINS EIREXAS, SECRETARIO DE ADEGA
'É propio dun alcalde navalleiro con ansias de estrela'

Manuel Vilas Os ecoloxistas responden ao conselleiro de Medio Ambiente, quen os cualificou de 'salvapatrias baratos' por denunciar que a Xunta planea excluír da nova Rede Natura zonas nas que o Executivo quere autorizar granxas acuícolas e parques eólicos.

Reloxo 15.08.2008 | 07:00

Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita   Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA opta pola retranca para responder as duras declaracións do conselleiro de Medio Ambiente. O socialista Manuel Vázquez acusou á organización de “salvapatrias baratos” tras criticaren a proposta de ampliación da Rede Natura adiantada “oficiosamante” pola Xunta ao Consello Galego de Medio Ambiente.

“Somos baratos comparados cos altos cargos”

Eirexas di estar “moi contento por estes dous epítetos”. O ecoloxista acepta tanto o cualificativo de “salvapatrias”, pois di que “ADEGA sempre estivo ao servizo de país”, como o de “barato”, argumentando que “o noso traballo sae barato sobre todo se o comparamos cos pluses de 15.000 euros que cobran os altos cargos da consellaría”.

Iso si, o secretario cualifica a actitude do conselleiro como “propia dun alcalde navalleiro que ten que facer sangue para converterse nunha estrela mediática”. De paso, indicalle a Vázquez que tales apelativos dificultan o diálogo co maior grupo ecoloxista do país e lémbralle que “ADEGA seguirá traballando despois de que el deixe de ser conselleiro”.

Laxe Brava, símbolo dos “buratos inexplicábeis”

Decualificacións á marxe, ADEGA insiste en que a proposta de ampliación é unha “trangallada” sobre “a Rede Natura vergoñenta e cativa do PP”.

O caso da Laxe Brava é emblemático para os ecoloxistas. Alí, ao carón do Parque Natural de Corrubedo a consellaría de Pesca busca autorizar “a granxa acuícola máis grande do mundo, con 308.000 metros cadrados”.

“Ceder aos intereses dos rodaballistas”

Eirexas explica que hai anos que está previsto que o Parque Natural medre hacia esa área. Con todo, a proposta de Rede Natura da Xunta deixa unha illa sen protexer nos terreos previstos para a piscifactoría. Por iso a organización acusa a Vázquez de “ceder aos intereses de Pesca e os rodaballistas”.

ADEGA denunciou outros “buratos inexplicábeis” na proposta de amplicación en Quilmas e Camelle, dúas zonas tamén no punto de mira das empresas de acuicultura.

Unha lexislatura para aprobala

Con todo, Eirexas admite que ampliar a Rede Natura é “complicado” e que a proposta de Vázquez inclué “avances importantes como os corredores ecolóxicos”. Pero aos ecoloxistas parécelles excesivo que Medio Ambiente tardase tres anos en lanzar unha proposta, que nin sequera presentou publicamente. Na súa opinión, isto revela “falta de vontade política” para sacala adiane nesta lexislatura.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río