E. P . O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, nega que recurtara a ampliación da Rede Natura para salvar granxas acuícolas e parques eólicos, como denuncian os ecoloxistas.
Deste modo replicou a ADEGA, que o martes reclamou ao conselleiro de Medio Ambiente que "presente oficialmente a proposta" de ampliación da Rede Natura 2000 e que "emende" as súas deficiencias para que sexa "coherente e independente de intereses empresariais e estratexias político-electorais". A preguntas dos xornalistas durante unha visita ao Acquarium Galicia no Grove (Pontevedra), Vázquez erixiu o actual Goberno no "único que suprimiu un plan acuícola que afectaba a espazos da Rede Natura" e engadiu que o 100 por cento do plan eólico tampouco ocupa a rede protexida.
Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente.
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, emprazou á asociación ecoloxista ADEGA a demostrar "onde fixo o Goberno galego algunha excepción coa Rede Natura" e acusou a este colectivo de "salvapatrias barato que pensa que media verdade fai unha mentira".
Descargar Tarifas