PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
SEGUNDO INFORMOU A SER
Touriño adiantará as eleccións a novembro

Redacción .  O líder socialista convocaría os comicios no primeiro Consello da Xunta a finais de agosto. O 9 de novembro é a data máis probábel.

Reloxo 13.08.2008 | 14:59
TAGS: Touriño , eleccións , adianto , 9m ,

Touriño na rolda de prensa do Consello da Xunta Touriño na rolda de prensa do Consello da Xunta. Otto O presidente Touriño decidiu finalmente adiantar as eleccións, segundo informou este mediodía a Cadena Ser. Malia que aínda non hai confirmación oficial nin da Xunta nin do PSdeG, dáse por feito que o líder socialista fixará os comicios para o mes de novembro.

Fontes da parte nacionalista do Executivo galego consultadas por ANT Diario dánlle credibilidade ao anuncio do adianto. De feito, sinalan que a data máis probábel será o 9 de novembro, o primeiro día posíbel que se poden convocar se finalmente Touriño o decide no consello da Xunta de finais de agosto.

Pola súa banda, fontes oficiais da Presidencia non desmentiron a noticia, mentres que BNG e PPdeG queren que Touriño dea a cara e xustifique as razóns do adianto dos comicios a novembro.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río