Redacción . Os ecoloxistas acusan á Xunta de Galicia de pregarse aos intereses dos empresarios da acuicultura e do sector eólico.
A asociación ecoloxista ADEGA denuncia o atraso da ampliación das zonas protexidas pola Rede Natura 2000. “Hai xa máis de dous anos que a Consellaría de Medio Ambiente anunciou a ampliación da cativa Rede Natura 2000 en Galiza. Dende entón, esta ampliación vendeuse como inminente polo conselleiro Manuel Vázquez”, argumenta a organización. Os ecoloxistas cualifican a proposta de ampliación “avanzada pola Consellaría” como “feita a medida das planificacións sectoriais e industriais en marcha”. En particular, ADEGA denuncia que a ampliación está pensada para non interferir no Plan de Acuicultura de Galicia –que a Consellaría de Pesca pretende aprobar este verán –e do Decreto Eólico –polo que a Consellaría de Industria adxudicará 2.325 novos megawatios, cando agora hai instalados pouco máis de 3.000. Segundo a organización, a Xunta pretende “pasar do 11,9% do territorio protexido ao 18,3%”. ADEGA asegura que a proposta se coñece cun “inxustificado atraso na súa presentación”.
Laxe Brava, ao carón do Parque Natural de Corrubedo e onde Pesca quere autorizar unha granxa acuícola.
Descargar Tarifas