Redacción . Logo de destacar coa selección galega, o ferrrolán Lucho Fernández regresa a Galiza para formar parte dun Breogán que loitará polo ascenso á ACB co MVP do Torneo das Nacións nas súas ringleiras.
O Concelleiro de Deportes de Lugo, Xosé Manuel Díaz e o Director Xeral do Breogán, Alfonso Pazo, presentaron na Casa do Concello ao novo xogador do clube lucense Lucho Fernández, ferrolán e gran estrela da selección galega no Torneo das Nacións, do que foi MVP. Coa súa incorporación son dous os xogadores galegos que ficharon polo club lugués logo de destacar con Galiza -o outro é Xavi Román- e rachan así coa ausencia de xogadores do país no seu principal equipo de baloncesto. Lucho dixo estar "moi ilusionado nesta nova etapa". "Cando chegou aposibilidade de xogar no Breogán, en Galiza, tan preto da casa, non o pensei, é unha grande oportunidade", engadiu.
Presentación de Lucho
Lucho Fernández naceu en Ferrol no ano 1975 e mide 202 cm. Formado nas categorías inferiores da cidade departamental, logo xogou en Los Barrios, catro anos en Bilbo, Calpe, León e o ano pasado gañou a Liga co TAU, se ben a súa presencia foi testimonial.
Descargar Tarifas