PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'INVESTIMENTOS INTACTOS'
A galega R desbota que ONO vaia mercala

Manuel Vilas A única provedora de internet galega nega ter confirmación oficial sobre se Fenosa venderá o seu 36% no marco da OPA de Gas Natural. En todo caso, insiste en que a maioría do capital seguirá no país.

Reloxo 01.08.2008 | 10:31
TAGS: Fenosa , R , Caixanova , internet , ONO , cable ,

Arturo Dopico, director xeral de R Arturo Dopico, director xeral de R. AGN

En declaracións a ANT Diario, un voceiro oficial da compañía asegura que “non hai comunicación oficial” de que Fenosa vaia vender o seu 36,12 por cento en R. En todo caso, R desbota que ONO, o operador de cable estatal que absorbeu ás provedoras autonómicas, estea interesada nesta participación. “ONO non chega a poboacións de 5.000 habitantes como R nin está interesada no despregamento de grandes redes”, argumentan dende a compañía galega.

Investimentos “intactos”

A empresa asegura que os seus plans de investimentos continúan “intactos”. Así, entre os máis inmediatos, destacan a chegada da súa rede a Rianxo, Ribeira e Pontecesures antes do inverno. Sobre a posíbel venda, a firma baseada na Coruña sinala que “o que teñen a última palabra son os accionistas”.

Maioría de capital galego

R insiste en que, no caso de que Fenosa decida vender finalmente, a maioría do capital seguirá sendo do país. E é que Caixanova posúe o 30,58 por cento mentres que Inversiones Gallegas de Cable –na que participan o Grupo Tojeiro, a conserveira Jealsa, Ceferino Nogueira, Estrella Galicia e todos os diarios galegos salvo La Voz de Galicia e El Correo Gallego– ten o 10,57 por cento.

Banco Pastor, co 10,1 por cento; o Grupo Z, co 9,85; o Grupo Moll (editorial catalá que publica Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña) co 2,11 por cento e Inversiones Telecom Galicia (1,1 por cento) completan o accionariado.

Das poucas que resisten a concentración

A operadora, creada en 1998 e dirixida por Arturo Dopico, é unha das poucas compañías autonómicas de cable que resistiron a concentración do sector da fibra óptica, canda Telecable en Asturias e Euskatel no País Vasco. No resto do Estado ONO e Telefónica copan case todo o mercado do cable.

Os bos resultados da compañía na captación de clientes de conexións de alta velocidade e unha boa valoración dos seus servizos nas sucesivas enquisas aos consumidores foron dous dos factores que permitiron, até agora, manter a independencia desta firma.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río