Redacción . O concello da Pontenova, na Mariña Oriental luguesa, celebra esta fin de semana a súa segunda Feira de Artesanía e Antigüidades. Ao longo de tres días os asistentes haberá exposición e venda de produtos artesanais e de anticuarios nas carpas situadas na explanada dos Fornos.
A encargada de organizar este evento a Asociación de Artesáns e o Centro Deportivo Cultural que conta cun orzamento duns 30.000 euros. Esta cantidade é aportada polo Concello, a Deputación provincial, a Consellaría de Industria o concello pontenovés e a empresa Agroam. A cantidade de cartos que falten intentarase acadar coa venda dunha réplica en madeira dos seus centenarios fornos mineiros, segundo comentou un responsábel da organización. Polo de agora, xa está confirmada a participación de 51 expositores, dos cales 26 son do sector do moble e antigüidades e 25 son artesáns. Esta cifra supón un incremento de case o dobre en relación ao ano pasado. Amáis de amosar a produción local na feira contarán coa presenza de artesáns doutras zonas que traerán traballos en vidro, coiro e outros materiais. Na produción local salientan os reprodutores de madeira, principalmente de hórreos e gaitas. Aínda que Sarria é o concello lugués máis coñecido polas súas antigüidades, foi curiosamente A Pontenova o principal subministrador da localidade do centro sur lugués.
Artesanía galega
Descargar Tarifas