PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Hoxe comeza en Vigo o Mundoclown
Jango Edwards: 'O meu exército de clowns ten o obxectivo de mudar o mundo'

Redacción .  Así de expresivo se amosou o clown internacional Jango Edwards durante a rolda de prensa de presentación do Mundoclown Vigo 2008 “Memorial Carlo Colombaioni”, que arranca esta maña cun maratón de clown na rúa e que se prolongará até o domingo 3 de agosto.

Reloxo 31.07.2008 | 12:13

Jango Edwards Jango Edwards

Jango Edwards, que actuará mañá ás 22.00 horas no Auditorio Municipal, destacou tres razóns polas que se sinte orgulloso de poder participar no Mundoclown. A primeira delas é a de conseguir que a xente cambie o mundo a través do riso. A segunda fai referencia a Iván Prado e ao coordinador do Festival, Francisco Rei, de quen Jango destacou a pertenza ao “seu exército de clowns” que tén por obxectivo mudar o mundo.

Ademais, o pallaso estadounidense fixo tamén referencia á figura homenaxeada neste Mundoclown, como é Carlo Colombaioni, de quen manifestou ser “o padriño de todos os clowns ademais do deus dos clowns”.

A programación do Mundoclown contempla 4 días de intensa actividade, entre as que destaca a gala homenaxe a Carlo Colombaioni o próximo sábado día 2 de agosto, na que participarán o propio Edwards, Cristina García, Claudia contín, Nanny Cogorno, Capitán Maravilla, Os Colombaíños, Os 7 Magníficos+1 e Popín, na Praza da Constitución, e preto de 70 actuacións nas prazas máis céntricas da cidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río