PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Na Feira do Libro da Coruña
Obradoiro de debuxo e graffiti con Anxo Fariña

Redacción .  No marco da Feira do Libro da Coruña, que se celebra do 1 ao 10 de agosto, a editorial A Nosa Terra organiza un obradoiro de debuxo e graffiti a través das palabras. O curso, impartido polo autor e ilustrador Anxo Fariña, terá lugar o mércores 6 de agosto e o xoves 7. Vai dirixido a rapaces de entre 12 e 14 anos.



Reloxo 04.08.2008 | 10:51

Os nenos asistentes ás actividades de Anxo Fariña no Verbum Os nenos asistentes ás actividades de Anxo Fariña no Verbum Esquerda   1 / 2  Dereita  

O debuxante Anxo Fariña, autor dos pelelliños e dos Megatoxos, impartirá na Coruña, no marco da feira do libro que se celebra na cidade do 1 ao 10 de agosto, un obradoiro de debuxo e graffiti a través das palabras.

Os obxectivos que se perseguen con este curso son dinamizar o uso da lingua galega na pre-adolescencia; incentivar a creatividade en galego e, desde o galego, asociar o uso da lingua con actividades do interese desta franxa de idade; asociar galego e modernidade e fomentar a creatividade por grupos.

Debuxos de múltiples lecturas

Na primeira parte do obradoiro, que terá lugar o mércores 6 de agosto dente as 12.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 18.00 horas, explicaráselles aos asistentes a relación entre signos e letras e a súa evolución. Farase ademais un pequeno xogo no que a partir de letras os asistentes creen debuxos con significado.

Unha vez feitos os bosquexos, pasarase a explicarlles aos rapaces a técnica relacionada co graffiti do stencil ou pintado a través de plantillas. Finalmente e por grupos, os asistentes ao obradoiro farán en grande as súas creacións con sprays nun papel a tamaño mural, que logo poderán levar con eles ao seu centro de estudos.

A continuación, e unha vez repartido o material, explicaráselles aos asistentes a relación entre debuxos e letras. Utilizando o sistema do libro, crearanse debuxos a partir de palabras dunha forma guiada. Finalmente, animarase aos mozos a crear as súas propias composicións misturando palabras e debuxos creadas con letras dotadas de significado, para acadar pequenos "poemas visuais".

A segunda sesión celebrarase o xoves 7, de 12:00 a 14:00 horas.



Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río