M. V . Caixanova e Caixa Galicia non desbotan a súa participación. Gayoso pide 'paciencia' e Méndez di non ter confirmado se Gas Natural lanzará unha OPA sobre a eléctrica de orixe galego.
O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o director de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, coincidiron esta mañá na sede da Xunta en Santiago nun acto para presentar os futuros investimentos sociais das súas entidades. Porén, todas as miradas estaban pendentes dunha hipotética participación galega na venda do 45,3 por cento de Fenosa por parte de ACS que se pode concretar esta tarde, operación que a Xunta busca sacar adiante. A Xunta nin confirma nin desminte
Os reponsábeis de Caixa Galicia, da consellería de Economía e de Caixanova.
Unha por unha Méndez e Gayoso esquivaron as preguntas sobre a súa implicación. “Hai que esperar, hoxe é un día clave” foi o máis concreto que dixo o mandatario de Caixanova, que pediu “un chisco de paciencia”.
Un discurso similar adoptou o seu homólogo de Caixa Galicia. Méndez asegurou que a tal altura da operación “non sabemos aínda se se vai lanzar unha OPA ou non”. Con todo, ningún dos dous descartou a participación das caixas na venda deseñada por Florentino Pérez.
Cómpre ter en conta que, segundo informa France Press, Gas Natural –participada por La Caixa– está a planear lanzar unha OPA sobre a eléctrica de orixe galego.
O anfitrión do acto, o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, foi igual de prudente. “Non é o intre de interferir nas operacións dos inversores” respondeu á pregunta sobre as negociacións entre la Xunta e a Generalitat para, a través de La Caixa, a entrada de capital do país, negociacións desveladas polo presidente Touriño a semana pasada.
“O sector enerxético en Europa está nun intre de reestructuración que hai que ter en conta dende o punto de vista galego, español e europeo”, indicou o conselleiro. Con todo, Fernández Antonio insistiu en que intres de “perda de dinamismo” como o actual son atractivos para realizar inversións”.
Descargar Tarifas