PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Eficiencia enerxética
Industria insiste na necesidade de cambiar a hora para aforrar enerxia

Redacción .  O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, advertiu hoxe de que en Galiza non se poderá lograr o aforro e a eficiencia enerxética que se alcanza noutros territorios 'se non se adapta ao fuso horario' da súa localización xeográfica, que sería unha hora menos que o resto do Estado.

Reloxo 21.07.2008 | 16:07

Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Branco, advertiu hoxe de que en Galiza non se poderá lograr o aforro e a eficiencia enerxética que se alcanza noutros territorios se a comunidade non se adapta ao fuso horario" da súa localización xeográfica, que ao seu xuízo sería unha hora menos que o resto de España.

En declaracións aos medios, efectuadas en Vigo, Branco referiuse á negativa do Goberno central a atrasar o horario galego nunha hora respecto ao horario que se utiliza no resto de España, tal e como demandou o BNG. O Executivo explicou que a UE tende a harmonizar os horarios e o fuso maioritario é o que se utiliza na actualidade no territorio nacional.

Neste sentido, incidiu en que para que o Plan de Eficiencia Enerxética alcance os seus obxectivos hai que "adaptalo" ao fuso horario ao que, pola súa situación, corresponde á comunidade, mentres que engadiu que a UE "terá que mirar, dentro da súa amplitude, cales son os fusos que se corresponden mellor cos distintos territorios".

"Ese é o traballo que deberá desenvolver a UE se realmente quere conseguir esa unificación da que se fala", explicou, á vez que reiterou que os plans de eficiencia enerxética deberán estar axustados segundo a planificación horaria de cada punto para alcanzar o seu labor.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río