PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O Concello quere ser sede permanente
Vigo acollerá o festival 'Mundoclown' do 31 de xullo ao 3 de agosto

Redacción .  A cidade de Vigo acollerá ente o 31 de xullo e o 3 de agosto o festival 'Mundoclown 2008. Memorial Carlo Colombaioni', no que haberá centenares de actuacións e animacións na rúa, ademais de varios cursos de formación.

Reloxo 17.07.2008 | 17:21

Así o presentou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesús López, quen explicou que esta edición será unha "ponte" cara o festival do ano próximo, xa que a intención do Concello é que a cidade olívica sexa sede permanente deste evento.

Durante os días que dure 'Mundoclown' celebraranse cinco cursos de formación no Conservatorio do Castro, a cargo de figuras de relevancia internacional, como Phillippe Gaulier, Claudia Contin, Ferruccio Merisi, Jango Edwards, Blanca do Barrio e Antón Valén. A información e inscrición nestes cursos realizarase na web www.festiclown.org e os alumnos poderán dispor de aloxamento gratuíto na cidade.

Ademais, por oitavo ano consecutivo, convocarase o certame 'Intergaláctico' na modalidade de exterior para aquelas compañías que queiran presentar o seu traballo e que recibirán bolsas de axuda de entre 300 e 1.500 euros. Así mesmo, e como elemento central do festival, celebrarase unha gala homenaxe a Carlo Colombaioni.

As actividades completaranse co 'Maraclown', unha serie de actuacións que terán como escenario a rúa do Príncipe, a zona peonil do Calvario e a Praza da Constitución, de modo que haberá unha vintena de espectáculos ao día.

Festival Solidario

Un ano máis, o 'Mundoclown' terá a súa faceta solidaria e celebrarase unha gala, o domingo 3 de xullo na Praza da Constitución ás 20.00 horas, cuxa recadación destinarase a un proxecto social de cooperación. Nesta edición, os fondos irán para actuacións en Chiapas (México).

Así mesmo, en liña coa filosofía de fomentar a solidariedade e o carácter socioterapéutico do clown, o 31 de xullo proxectarase no auditorio da Fundación Caixagalicia un documental sobre a intervención deste colectivo con nenos de campamentos de Palestina.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río