PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
A partir do próximo luns
'Os milagres de Cristamar', de Chelo Suárez, chega ás librarías

Redacción .  Pronto poderemos atopar nos andeis das librarías a novela merecente do último premio de literatura erótica Narrativas Quentes. Poden descargar aquí un pequeno avance: os dous primeiros episodios.

Reloxo 17.07.2008 | 12:26

Portada d'Os milagres de Cristamar' Portada d'Os milagres de Cristamar'

Cunha linguaxe elaborada e sensual, Suárez recrea unha Cristamar, trasunto da Coruña, da época de "cando o famoso terremoto de Lisboa". Unha cidade onde conflúen santas que salvan á poboación da cidade coa súa lascivia, monxas que adubían os seus pratos con haxix, prostitutas, hermafroditas ou mariñeiros castrados.

A obra, rexeitada nalgunha editorial por "irreverente", gañou o premio de literatura erótica convocado bianualmente por Edicións Positivas, que na anterior edición quedara deserto, e premiou xa Infidelicidades, de Manuel Lourenzo González, coas Xeografías de Francisco Castro como finalista, e O lobo da xente, de Alberte Momán. Aquí poden descargar os dous primeiros episodios d'Os milagres de Cristamar: o Introito (De como nace un soño), a Primeira Andaina (Que trata da vida e milagres de Santa Branca Odisea) e a Segunda Andaina (Onde se funda un convento e ao lado xorde unha congregación de putas).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río