PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Dedícanlle o ano á novela policial
Lectores galegos en Bos Aires analizan 'Criminal', de Xurxo Borrazás

Redacción .  Como fan habitualmente, xúntanse na sala Alfonsina Storni, do mítico café Tortoni de Bos Aires para falaren sobre literatura galega. Este sábado 12 de xullo, a cita é ás 16.00 (hora local) con esta novela do escritor carballés.

Reloxo 09.07.2008 | 09:36

Xurxo Borrazás Xurxo Borrazás. XEA Nas mesmas mesas onde hai décadas tomaban café e debatían Eduardo Blanco amor ou Luís Seoane, xúntase agora periodicamente o grupo Lectores galegos en Bos Aires. Neste 2008 exploran a novela policial e negra en Galiza, co título "Dez misterios en clave galega": leron a Carlos G. Reigosa e o seu Crime en Compostela, A procura do falso grial, de Manuel Forcadela, agora a Borrazás, e lerán tamén Ás de mosca e Un home que xaceu aquí, de Aníbal Malvar, A vida que nos mata, de Xabier López, As horas sucias, de Santiago Jaureguízar, Luar no inferno, de Miguel Anxo Fernández e Ollos de auga, de Domingo Villar. O ano pasado centrárase no agromar do fascismo, coa Fábula de Xavier Alcalá, Os libros arden mal, de Manuel Rivas, ou Home sen nome, de Suso de Toro.

Agora acometen a historia de Chucho Monteiro, que volve á súa aldea, na parroquia de Lendo (A Laracha), e lle pide ó seu irmán que lle deixe vivir coa súa familia. Dende diferentes puntos de vista, e con moitas regresións temporais, nárranse os asasinatos cometidos por Chucho, e analízase a súa situación persoal, as súas teimas e as súas circunstancias. Criminal (Sotelo Blanco, 1994) é a novela que consolidou a Xurxo Borrazás, premio da Crítica Española no ano 1994 e premio Arcebispo San Clemente en 1995.

Xurxo Borrazás Fariña (Carballo, 1963), é licenciado en Filoloxía Xermánica e docente de inglés. Empezou escribindo poesía, pero axiña pasa á narrativa, con Cabeza de chorlito (1991), onde emprega xa xogos metaliterarios e pluridiscursivos. En 1994 gaña o Premio da Crítica Española e o Premio Arcebispo San Clemente con Criminal, onde a voz do narrador destaca pola súa polifonía. Seguíronlle Eu é (1996), Contos malvados (1998), O desintegrista (1999), e Na maleta (2000) un novo recoñecemento, ao obter o Premio Losada Diéguez en 2001. E despois viñeron Pensamentos impuros e Ser ou non, a súa obra máis transgresora.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río