PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Segundo un informe confidencial do Banco Mundial
O 75% da suba dos alimentos depende dos biocombustíbeis

Europa Press Segundo o estudo revelado polo diario británico 'The Guardian', a elaboración destes produtos, a tendencia a cultivar as materias primas necesarias para o biocarburante e a especulación son as tres causas principais da alza do prezo dos alimentos, e non a demanda da China e a India.

Reloxo 04.07.2008 | 18:05

Surtidor de biodiesel Surtidor de biodiesel. Flickr:Tomasbronot

A promoción da enerxía biodiésel como recurso alternativo ao petróleo e aos combustibles fósiles tivo graves consecuencias para o prezo dos alimentos, que aumentaron até un 75 por cento como resultado da aposta por esta fonte, segundo un informe confidencial do Banco Mundial ao que tivo acceso o diario británico 'The Guardian'.

Os resultados do estudo, acometido por un equipo de recoñecido prestixio no ámbito da economía internacional, coñecéronse no mes de abril, segundo o rotativo, pero non se publicaron para evitar danar ao presidente de Estados Unidos, George W. Bush, un dos máximos impulsores do biodiésel como unha das fórmulas enerxéticas de novo cuño.

O informe contradí a Administración Bush

A análise ten en conta a evolución alcista dos prezos e contradí os postulados de Washington que aseguran que a aposta por esta enerxía tivo un efecto mínimo dun 3 por cento no incremento dos alimentos, ademais de supor un pau para os defensores que a propugnan como fórmula de redución das emisións de gases e de dependencia do petróleo importado.

Neste sentido, un dos responsábeis apuntou que a publicación do informe "poría ao Banco Mundial nun conflito coa Casa Branca", aínda que a súa difusión no día de hoxe prodúcese nun contexto crítico nas negociacións en materia biodiésel, xa que a próxima semana os líderes do G8 reuniranse en Xapón coa crise do prezo dos alimentos e as alternativas enerxéticas como un dos puntos centrais do encontro.

Así mesmo, os grupos de presión que reclaman unha moratoria no uso de combustíbeis derivados das plantas incrementaron a súa campaña e países como Reino Unido prevén dar a coñecer as súas propias conclusións sobre o impacto do biodiésel co Informe Gallagher, aínda non publicado a pesar de que a súa difusión estaba fixada para a semana pasada. O propio 'The Guardian' avanzara xa que este estudo alertará da "significativa" responsabilidade desta fonte no incremento do prezo dos alimentos a prezos récord.

O informe mantén que a súa produción distorsionou o mercado alimentario de tres xeitos: por unha banda, diversificando a produción cara á aposta enerxética, como proba que un terzo do millo de Estados Unidos se empregue para producir etanol e a metade dos aceites vexetais da UE sexa destinados á elaboración de biodiésel; por outra que os propios agricultores foron estimulados a priorizar a produción biodiésel e, para rematar, pola inclusión da especulación no custo do produto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río