Redacción . Con Imaxina Sons o jazz de vangarda atracará no peirao do mar de Vigo de man desta proposta innovadora que trae un estilo que se move fóra dos circuítos máis comerciais, apostando sempre polas correntes máis novidosas do que está a acontecer no mundo do jazz europeo.
María Brañas Costas Desta volta a xornada inaugural chegou de man do grupo de jazz galego Clunia, quen ao celebrar o seu 25 aniversario retomou a súa actividade facendo acto de presenza sobre as taboas do Teatro García Barbón. E aí imos; “a tot jazz” (facendo paráfrase con aquel título de Teté Montoliú gravado nun verán do 65), comezando esta travesía de sonoridades coa música de Clunia Jazz, aquel grupo (hoxe reconstituído só en parte, ante a desaparición de Antonio Cal) que Teté “avalou” tras teren actuado como teloneros nunha das súas actuacións en Compostela hai, nada máis e nada menos, que vinte e cinco anos! (Van os nosos parabéns, pois, para Clunia Jazz). Outros dos pratos fortes do festival serán Wayne Shorter e o seu cuarteto, ademais de Atomic/School days con Ken Vandermark quen fechará o festival logo da intensidade que vibrará ao longo destes días. Pasarán tamén pola cidade Simone Guiducci Gramelot Ensemble, o quinteto de Enrico Rava, Stefano Bollani, Machuca Trío, Michel Portal Unit,,... E haberá un espazo, sempre benvido, para a xente nova e da terra que se está a facer un oco no mundo do jazz; aí sonarán Lucía Martínez, Terela Gradín e Manolo Gutiérrez, Paco Charlín rodeado de todo un grupo de xente nova procedente do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que de seguro, nos farán desfrutar coa súa savia nova e coa súa forza. Haberá oco tamén, para xente procedente de variedade de sitios: Giulia Valle, Américo Rodrigues, A. Bravo, Barry Guy, Primital, J. Vercher e o seu sexteto. Agardemos pois, destes dez días de festival, vivir “a tot jazz” mesmo, se imos no autobús, empapándonos de sons, de sensacións e, porque non, mesmo de cores. De todas esas cores que queiramos imaxinar, neste Imaxina Sons 08.
Baldo Martínez
“ A tot jazz”... así andamos por Vigo dende o pasado 26 de xuño e ata o vindeiro 6 de xullo e é que estamos en plena edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons (e xa van catro!).
E dende logo, entre todo esta cantidade de música ao vivo e en directo, aínda temos máis; máis, si. Master-class, cinema, pasarrúas, exposicións, conferencias, jam-sessions, ... Dende logo, unha actividade frenética que nos fará vibrar e movernos a ritmo de jazz, nestes días de verán; incluso se nos animamos, poderemos desfrutar en marcha do Imaxina Sons subindo no Vitrasa (así é como chamamos aos buses urbanos os naturais da cidade; sonvos cousas da idiosincrasia!!)
Máis unha vez, o jazz de vangarda atraca no peirao do mar de Vigo de man desta proposta innovadora que trae un estilo que se move fóra dos circuítos máis comerciais, apostando sempre polas correntes máis novidosas do que está a acontecer no mundo do jazz europeo. E mesmo alén das fronteiras do vello continente chegarán ata este recuncho xeográfico os refluxos do jazz latino e americano.
Descargar Tarifas