PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Colombia
Uribe negociará coas FARC

Redacción .  O presidente colombiano ofrece "calquera zona rural" para falar cos líderes guerrilleiros sobre "acordos humanitarios".

Reloxo 08.12.2007 | 14:17
TAGS: Colombia , FARC ,

Tras o fracaso da mediación venezolana e francesa, o presidente de Colombia, Alvaro Uribe, decidiuse a ofrecer ás Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) unha negociación directa con fins humanitarios para o intercambio de secuestrados por guerrilleiros presos. Este anuncio coincidiu coa primeira mensaxe do fillo da secuestrada dende hai cinco anos e ex candidata presidencial Ingrid Betancourt, Lorenzo Delloye, difundido pola radio internacional francesa. "As palabras non son suficientes para dicirche canto me fas falta", afirmou nunha mensaxe que tamén relata detalles da súa vida para pór ao día a Betancourt. Para lograr a súa liberación e a doutros cativos, varios axentes franceses xa entraron en contacto coa guerrilla colombiana, tal e como confirmou o Elíseo.

Uribe ofreceu "calquera zona rural" do país para un encontro dos seus delegados e da Igrexa católica cos líderes guerrilleiros e así negociar un acordo humanitario. Segundo o presidente de Colombia "debe ser ao redor de 150 quilómetros en zona rural, onde non haxa postos militares e policías que sexa necesario remover, preferiblemente sen poboación civil ou con moi pouca poboación", nun discurso nunha academia policial en Bogotá.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río