PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Anxo Fariña, autor d’Os Megatoxos
'Para enganchar os rapaces, estética moderna'

Redacción .  Debuxante, ilustrador e escritor, Anxo Fariña (Vigo, 1977) é o pai d’Os Megatoxos, serie protagonizada por uns superheroes diferentes que con miles de exemplares vendidos está a competir nun segmento no que se dan fenómenos editoriais como 'Harry Potter' ou 'O neno do pixama a raias'. Na última entrega, 'Os Megatoxos e a espada esmeralda' (Edicións A Nosa Terra), Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa viaxarán ao Medievo para buscar solución á súa mutación xenética.

Reloxo 29.06.2008 | 07:02

Megatoxos e Anxo Fariña Megatoxos e Anxo Fariña. AF/XC/MB

Cría no éxito d’Os Megatoxos?

Tiña fe neles, porque era unha boa historia con grandes personaxes, pero está resultando mellor do que pensaba, non tanto con respecto dos rapaces senón dos adultos. Os pais cóllenlle os libros aos nenos para lelos e gústanlles, e iso non o agardaba. Ademais conta co apoio dos profesores, porque conseguiron que os nenos lean masivamente un libro en galego.

A que idade van dirixidos?

De 11 anos en adiante.

Como naceu a serie?

Empecei con contos para nenos pero apetecíame afondar nas personaxes, así que decidinme por un público xuvenil que permite máis liberdade. Sempre tiven claro que os libros tiñan que artellarse sobre a acción, as aventuras e o humor, a pesar de que despois me mergullase na psicoloxía dos protagonistas.

Busca a estética do manga.

Antes de escribir e debuxar penso nos lectores. Observo a roupa que levan os rapaces, a fala, a música que lles gusta, os videoxogos cos que enredan e reprodúzoos. Parte fundamental do éxito da serie radica nese coñecemento, en falar do que lles importa. Os Megatoxos tamén están influídos polo cómic, os superherores, aínda que non sexan como os de Marvel, e polo cine.

Cales pensa que son as claves do éxito da colección?

Fundamentalmente os personaxes, porque son actuais e politicamente incorrectos. Fuxo de protagonistas maniqueos, que non existen na realidade. Ademais non trato os mozos coma se fosen nenos pequenos, por iso tamén triunfa entre a xente maior. Hai moitos escritores que fan un traspaso para nenos das súas lecturas. O resultado son unhas novelas terríbeis que non se len. Outras veces, acontece o contrario e caese no infantilismo. Escapo destes dous extremos e aposto por unha linguaxe directa, áxil, rápida e non confusa. Ao ser ilustrador escribo dun xeito moi visual. Isto tamén gusta moito.

Converteranse no Harry Potter galego?

Os niveles de venda, pese a pouca publicidade que se lle fai, están acadando unha cifras moi boas, case ao mesmo nivel que Harry Potter en galego. De feito, en canto saíu esta segunda entrega esgotouse en librarías. Polo día do libro, Emilio Pérez Touriño reuniuse cun grupo de cativos para falar dos volumes que lles gustaban. Diversos medios de comunicación fixéronse eco e, entre todos os fenómenos que salientaron o único dun autor galego era Os Megatoxos. É un orgullo para min. Cando saíu o primeiro libro recibín moitas críticas ao respecto da modernidade da proposta, que é realmente o que engancha aos nenos. Penso que ofrecer libros modernos é a chave para chegar aos cativos. Coméntame os profesores que os nenos non acreditan cando lles din que está escrito por un galego, pensan que é un traballo de fóra, e nesa dúbida vai implícita moita crítica.

Xa está a traballar na terceira entrega?

Empezarei a escribilo no verán. Son un pouco maniático para escribir e na casa non me concentro. Teño que coller o portátil e redactar fóra. O libro comeza

No novo diario dixital e nun blog
Antes da chegada ás librarías de Os Megatoxos e a espada esmeralda, a segunda entrega da serie de ficción creada por Anxo Fariña para mozos tirando dunha estética manga e os poderes duns superheroes do século XXI, os rapaces xa puideron ler un avance das aventuras de Faísca, Lúa, Ninfa e Ruxe. Valéndose das novas tecnoloxías e as posibilidades que rodean os medios de comunicación dixitais, o autor colgou en abril en A Nosa Terra Diario (www.anosaterra.com) un capítulo do seu novo libro. Realizáronse centos de descargas e foron moitos os centros de ensino que o imprimiron e o colocaron nas súas bibliotecas para a lectura.
“Existe unha relación moi viva entre os medios de comunicación e os escritores, que se debe aproveitar” comenta Anxo Fariña. Ao seu ver os medios dixitais son unha boa ferramenta para achegarse ao público e para fomentar entre os nenos a relación coa información. “Os cativos están moi familiarizados cos novos soportes dixitais, por iso considero positivo abrir esta nova canle entre literatura e rede”, sinala.
Ademais, o autor ten en marcha un blog sobre Os Megatoxos, megatoxos.blogspot.com, no que con regularidade colga novidades sobre os personaxes e as novas entregas e onde os lectores poden deixar as súas opinións.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río