PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
4 MILLÓNS DE BENEFICIOS logo de recalificar
O Comité Cidadán de Emerxencia apunta á conexión Toxeiro-Orza

M. V O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol asegura que unha 'trama de corrupción permanente' permitiu a instalación de Reganosa en Mugardos. En concreto, destacan que o ex-conselleiro de Economía da Xunta, o conservador Xosé Antonio Orza, era socio do Grupo Tojeiro, que promoveu a regasificadora.

Reloxo 18.06.2008 | 18:04

Xosé Antonio Orza Xosé Antonio Orza Segundo o Comité, o empresario Roberto Toxeiro obtivo máis de catro millóns de beneficios ao vender os terreos antes de ser recualificados á empresa Forestal do Atlántico, na que participaba Orza. Esta firma despois revendeu o chan, xa recualificado para uso industrial, a Reganosa, sociedade con participación da Xunta de Galicia.

O Comité pide que se explique porque a Xunta permitiu instalar a planta nun lugar de moi difícil acceso para os gaseiros “cando o chan o tiña gratis no porto exterior de Ferrol”.

A organización advirte que xa enviou documentación sobre este asunto á Fiscalía Especial para a Represión dos Delitos Económicos en Madrid e apunta á responsabilidade dos políticos que foron concedendo sucesivas autorizacións á planta .

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río