PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010

BLOG MANUEL M. BARREIRO
38969
O talón de aquiles de Feixóo
Baltar & Baltar

Game over. Xosé Luís Baltar Pumar, Baltar o Maior, non será o xefe orgánico do Partido Popular de Ourense. O home que gobernou, durante case dúas décadas na provincia, a estrutura de poder do partido conservador, rexeitou a prórroga e decidiuse pola renuncia, a opción que paradoxalmente máis prexudica aos intereses de Alberte Núñez Feixóo.

A sucesión do PPdeOu A sucesión do PPdeOu. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  17
35625
Ambicións sucesorias
Feixóo no cumio do top-ten conservador

Será presidente até que el queira e decida dimitir. Na cociña de Monte Pío vívense xornadas de euforia, compracidas e triunfais. Dáse por descontado que é imposíbel derrotar a Feixóo nas urnas e que será presidente de Galiza mentres non lle reclamen para maiores glorias. A súa irresistíbel ascensión no Partido Popular engorda as especulacións sobre as súas ambicións sucesorias. Mariano Raxoi ten quen o suceda, xa pode fracasar tranquilo.

Sucesións (Foto: Salvador Sas) Sucesións (Foto: Salvador Sas)
Máis
Comentarios  7
32318
Do Retrogoberno á Galiza Potemkin
Feixóo, primeiro balance trimestral

Balance do primeiro trimestre triunfal da Administración Feixóo: as inxustizas e os cambios impopulares débense facer todos á vez a fin de que, por probalos menos, fagan menos dano. Desde Maquiavelo en diante, esa recomendación gobernou o consello dos asesores dos príncipes. Os comezos teñen que ser feroces, que despois, virán días de leite e mel, favores e glorias que farán esquecer as inxustizas e as mágoas primeiras. Desde a ocupación da Xunta de Galicia por parte do Partido Popular, o almanaque gobernamental pautouse, basicamente, con días de derrubo, días de cancelación e días de peche por reformas.

Demolicións Feixóo Demolicións Feixóo. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  7
31728
Trampas e ratoeiras políticas
Caso Camps: Mentireiro verdadeiro

Marco Fabio Quintiliano, excelente avogado e mellor retórico, non cansou de insistir en que quen mente necesita ter boa memoria. Francisco Camps non entende de sabedorías clásicas e evidenciou, diante dun xuíz e dos cidadáns, ser un mentireiro cunha pésima memoria. Descuberta (parcialmente) toda a trapallada dos traxes, acreditou, no mesmo paso errado, ter ben pouca vergoña e unha apodrecida cultura democrática.

Vidas paralelas? Vidas paralelas?. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  3
31132
Confianza e credibilidade
Cuestións nucleares

OTAN, de entrada, non. Lémbranse? Nucleares de entrada, tampouco? Estamos ante a mesma estratexia política? Posibilismo realista ou acomodación curtopracista aos intereses dos poderosos? Zapatero dise sabedor de que a decisión vai molestar uns e a outros e, aínda así, elixe a prórroga antes que o seu programa electoral.

Diálogo enerxético Diálogo enerxético. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  2
30734
Patrocinadores e padriños
A fábrica de liderados

Sen siglas, sen ataduras, sen promotores, sen débedas co pasado, sen ningunha toma á terra... O noso quinto presidente gusta de presentarse como o barón rampante que fabulou Italo Calvino, nada o vencella ás paixóns, intereses ou comenencias da política ou dos negocios terreais. No debate da súa investidura, foi rotundo: 'Eu non teño patrocinadores'.

Padriños Padriños. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  3
30110
A nova política do PP
O Movemento 1 de Marzo

O PP está convencido de que se atopa no bo camiño e de que un vagaroso devalo electoral do PSOE o conducirá irremediabelmente á Moncloa. Intentando forzar un punto e á parte, José Luis Rodríguez Zapatero arengou os seus para que fagan valer os 11 millóns de votos que sumou en marzo de 2008 e o PSOE desafiou os de Mariano Raxjoy iconvidándoos a presentar unha moción de confianza. Estratexias de fume.

Futuro pasado Futuro pasado. Manuel M. Barreiro
Máis
Comentarios  5
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río