Partidazo no Camp Nou este martes, na cita anual co combinado catalán. Nesta ocasión, o rival era Arxentina, a selección de Maradona. Aínda que en horas baixas, deu guerra… guerra e patadas foi o que deron. Pero o importante era o ambiente, a festa e a reivindicación: Unha nación, unha selección!
Que si, que lle marcharon todos os anunciantes e agora vai ter que pagarlle á muller un divorcio de 300 millóns de dólares. Pero se os paga, é porque os ten, non si? Trátase do deportista mellor pagado do mundo, cunha media de ingresos anuais duns 100 kilos. Ten máis de dez amantes, sen necesidade de facer tres mil abdominais ao día como o parvo de Cristiano Ronaldo. O bo de Tiger acaba de desbancar a Bertín Osborne como o meu modelo a seguir.
No anterior post falaba de televisión, de series e do dano que estas están facendo na sociedade. Nesta ocasión, e con tal de equilibrar a balanza, quérovos falar do meu último achado teatral, unha xoia, unha verdadeira obra de arte levaba aos escenarios pola compañía madrileña Animalario. Estou a falar de Urtain, a súa derradeira montaxe, escrita por Juan Cavestany e dirixida por Andrés Lima.
Quería falar hoxe, sen que sirva de precedente, de televisión. Ben, igual non, máis ben da internet, pois hoxe a TV e máis concretamente as series, consómense compulsivamente a través da rede. Conste que eu non son asiduo destes produtos, pero nos últimos tempos ando farto, de ter que escoitar que se tal morre no capítulo X..., se na quinta temporada House está preso... ou era na sexta?... Pero House non o daban en Cuatro?
Coa de escusas que tiña eu no instituto e agora non se me ocorre como xustificar a miña ausencia. Porque a de 'O profesor tenme manía' non vale, non?. A ver... é que tiven moito lío... Non actualicei en cinco semanas por cuestión de festa maior. Digo, causa maior. Ben, a festa maior de Barcelona tamén influíu... Aquí na capital catalá despedimos o mes de setembro cunha chea de concertos e actividades, que incluían incluso unha actuación do cómico Alberte Montes. Case nada.
Tremendo baión caeu antonte. Aquí, en Barcelona, chove pouco é certo, pero cando cae… Eu teño a teoría de que, durante o ano, aquí, cae a mesma cantidade de auga que en Compostela. A diferenza é que cae en tres dias, mentres que na capital galega faino durante 350… polo menos.
Ola de novo! En orde todo? Si? Pois alégrome. Non? Pois como sempre. Eu agora ando por Barcelona, aínda que nos últimos dias dei tantas voltas que non sei moi ben de onde é o chan que piso. Pero si, estou na cidade condal. Seino porque esta mañá saín á fonte a por auga sen camisola e co pantalón do Dépor e unha vella case se quixo escandalizar. Á parte a auga non sabe ao mesmo. Rematei o verán, si señores, que podería resumir en catro verbas: río, sesta, cubatas e bolos. Simultaneei actuacións monologuísticas coas clásicas vacacións de aldea. Unha das actuacións máis especiais tivo lugar no meu concello, nas Festas de Verán de Quiroga. Actuación na que aproveitei para proporme como futuro pregoeiro da Feira do Viño do lugar, que se celebra pola Semana Santa. Sabendo do atrevemento que iso supuña e do pouco caso que podían facerme, decidín en pleno agosto adicarlles aos veciños un primeiro pregón... a xeito de simulacro. Aquí o tedes...
De visita pola France, uns poucos dias. Nunha das cidades coa maior porcentaxe de xente nova de Europa. Así o captei eu, a simple vista nunha tarde de paseo e sorbete de 'pomme', e así mo corroboraron logo os amigos autóctonos. Montpellier, a miña saída internacional máis importante, despois das viaxes a Andorra a por tabaco. Perdón, esquecía as tardes en Valença do Minho envolto en toallas e as comilonas de bacallau en Chaves. Por certo, moi recomendábel o restaurante Cruceiro.
Por moito que empregues a loción protectora 'factor 30' hai zonas do corpo que se revelan e atraen todo o sol da mañá. Ben o fan por capricho, ou porque fuches tan parvo de non te poñer crema aí. Árdeme a empeña a Dios! A empeña! Que dis: 'Carallo, fun á praia e queimei o lombo'. Comprensíbel. Pero a empeña? Aínda así, e confiado da miña parva anécdota, souben que é algo común. 'Pasa moito... Queimar a empeña, dis? Muchísmo!' A min non me joder...
Vaia semana! Iniciouse o luns con dous chupinazos. O primeiro ás 12 da mañá, que lle daba inicio á festa da borracheira e o exceso: San Fermín. Eu levo toda a semana erguéndome ás oito menos cinco para ver os encerros. Tranquilos, despois volvo para a cama. O segundo chupinazo, da man de Florentino Pérez, coa presentación do máis galáctico e glamuroso de todas as súas fichaxes: Cristiano Ronaldo. E por se fose pouco, a metade de semana o Tour pasou por diante da casa… e vai e chove!
Descargar Tarifas