O 19 de xaneiro acudín á presentación dunha nova edición en catalán de 'Utopia', un clásico do pensamento filosófico e político, coa intención de extraer algunha cousa interesante coa que resucitar este maltreito blog. O evento non saíu como eu quería, pero quedei satisfeita de ter aprendido algo novo, e de ter fotografado a Pasqual Maragall.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, e o secretario de Emigración, Santiago Camba, recibiron o pasado sábado no Centro Galego de Barcelona un máster acelerado de xeografía humana da comunidade galega de Cataluña. Os dous mandatarios atopábanse na cidade condal con motivo da celebración da Convención do PP, e aínda que a visita ao centro estaba acordada, de seguro que non agardaban ter que dar tantas explicacións.
O ruxe-ruxe destes días na colectividade galega de Barcelona é a detención, no marco da operación Pretoria, do concelleiro de Urbanismo de Santa Coloma de Gramenet, Manuel Dobarco Touriño, acusado de corrupción urbanística. Dobarco, secretario da entidade Airiños da Nosa Galicia, participaba activamente no tecido asociativo galaico, aínda que dunha forma silandeira e afastada das cámaras e dos fastos. Á súa beira, á calor do poder económico e das influencias políticas, foron medrando outros dirixentes de entidades galegas. Para non perderse no crebacabezas do asociacionismo galego en Cataluña, a continuación, presento algúns dos principais actores.
A cidade de Barcelona ten por costume bautizar prazas e rúas en homenaxe ás persoas queridas e admiradas. Dende o pasado 3 de outubro, o vianés Tiberio Ávila, un dos fundadores do Centro Galego, dálle nome a uns xardinciños de Nou Barris.
Descargar Tarifas