PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010

BLOG JAVI VAZQUEZ
40574
As pancas do poder e os seus puntos de apoio
O sistema está roto

A última iniciativa capitaneada por Lawrence Lessig, catedrático de dereito na Universidade de Stanford e estudioso dos dereitos de autos, denuncia a imposibilidade do cambio proposto e promovido polo actual presidente norteamericano, Obama. O motivo non é a falta de compromiso da máxima autoridade do País, senón as regras de xogo do Congreso yankie, no cal os congresistas adican os seus esforzos a recaudar fondos para financiar a campaña electoral. Así, as súas accións de goberno estás condicionadas polos interesentes dos grandes doantes. En España, o problema é diferente, pero as consecuencias son similares: os partidos políticos relacionanse de forma directa so con grupos de presión. Os teóricos representantes dos cidadáns son opacos aos seus intereses e xordos a súa voz, porque nin sequera poden ter opinión propia, senón que todo queda condicionado á disciplina de voto imposta polo Partido. A relación non é persoa a persoa (permitédeme a licencia de abrevialo coma P2P), senón ente a ente, e os puntos de apoio do poder veñen dados polas multinacionais e os lobbies con visibilidade nos medios.

Máis
Comentarios  3
38651
Internet e tecnoloxía? Que inventen outros!
O Goberno de España, novo 'reseller' oficial de Microsoft

O Goberno de España conseguiu por fin dilapiladar o pouco creto que lle restaba no referido a tecnoloxía e Internet. A semana pasada asistimos á soada bronca por utilizar a Lei de Economía Sostible como sostén da industria de copia de CDs e DVDs (antes gravación de cintas), ante a súa incapacidade para sosterse por si mesma. Esta, o Ministerio de Educación malvende a educación na escola 2.0, o futuro do novo modelo económico, a unha multinacional tecnolóxica norteamericana 'condecorada' en repetidas ocasión pola UE por practicas monopolistas a abuso de posición de mercado. Por resumir, votamos os cidadáns, pero en Internet e tecnoloxía mandan os lobbies e as multinacionais, co Goberno de 'partner' prescriptor das súas solucións e servicios. É a era do goberno 'reseller'.

Máis
Comentarios  2
37885
I edición do Personal Democracy Forum Europe
Tecnoloxía e política

Personal Democracy Forum é, segundo a súa propia web: 'a maior e máis coñecida conferencia do mundo sobre a intersección de tecnoloxía e política'. Esta fin de semana celebrouse en Barcelona a primera edición en Europa, a cal vendeu todo o aforo dispoñíbel e rematou, penso eu, nun rotundo éxito.

Máis
Comentarios  2
36392
Business Week, soitu.es... Cal é o camiño correcto para a prensa na rede?
O dilema da prensa escrita na internet

'Hasta la vista y gracias', titulou Gumersindo Lafuente -director de Soitu.es-, o artigo co que despedía o martes 27 o proxecto periodístico máis innovador do momento. Poucos días antes, a revista 'Business Week', un clásico de indubidábel calidade nos quioscos e na rede, vendíase a prezo de saldo afogada polas débedas.

Máis
Comentarios  5
33685
Dous é sempre mellor ca un? A metáfora dos coches e talleres oficiais
A volta á escola, co 2.0 ás costas

O Consello de Ministros do goberno de España aprobou o venres 4 de setembro o programa “Escuela 2.0”, co obxectivo de dixitalizar as aulas. 200 millóns de euros de orzamento para portátiles e conectividade nos centros educativos cofinanciados polas comunidades autónomas. Coa falsedade da neutralidade tecnolóxica coma argumento cada goberno autonómico poderá elixir a tecnoloxía que rexerá o aprendizaxe dos seus alumnos.

Máis
Comentarios  4
30290
A cultura sen medo ao fracaso
Silicon Valley, terra de tremores

Dende a habitación dun hotel en San Francisco, aproveitando a penúltima noite tras dúas semanas intensas de aprendizaxe na Bay Area de San Francisco, cavilo sobre a natureza do ecosistema tecnolóxico envexa do mundo enteiro: Silicon Valley.

Máis
Comentarios  3
28161
Sobre os portátiles na escola e a educación dixital en Galicia
Dos porcos que podían voar a 'máis ordenadores e menos ladrillo'

No debate de Política Xeral o presidente José Luis Rodríguez Zapatero anunciou unha medida polémica na rede antes xa de ser pública: a achega de portátiles a todos os alumnos de primaria. Dita bronca dixital tiña a súa orixe na sospeita non desmentida de que os equipos terían software privativo preinstalado. Porén, parece que serán finalmente as comunidades autónomas quen decidan o software a empregar.

27052
Os roles do CIO e o (posible) CTO de Obama
¿Quen serán a persoas responsables das TIC na Xunta?

Levamos anos escoitando aos políticos falar sobre a importancia das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para o avance da economía e a sociedade. Non é causalidade, a inversión en TIC foi responsable dun elevado porcentaxe do aumento do PIB da UE nos últimos anos. Porén, a súa importancia no se reflicte no organigrama dos organismos públicos: ¿sabemos que foi ou quen será o responsable máximo das TIC na Xunta?

25206
A choiva do software libre a ambos os lados do Canal
Software libre e estándares abertos: Galicia e UK

Dende fóra de Galicia e a miña nova vida, co gallo da publicación do proxecto Reutiliz@, orientado ao reaproveitamento da información pública, aproveito para comparar as mensaxes do novo goberno galego e o Chief Information Officer Council británico en canto a software libre e estándares abertos.

Máis
Comentarios  3
23399
A voltas coa campaña pola despenalización do top manta
O top manta e as gasolineiras de Camela

O 12 de febreiro, un conxunto de vendedores, artistas, avogados e xuristas celebrou sendas manifestacións en Madrid e Barcelona solicitando a despenalización do top manta, a venda de discos e artigos de imitación, ou “piratas”, na rúa.

Máis
Comentarios  4
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río