PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Homenaxe en Cruz de Santos
Lembranza carlista na Terra Chá

A. C. Cruz de Santos é na actualidade a lembranza dun suceso que non recolleron as crónicas oficiais da época e que constitúe, sen lugar a dúbidas, o feito máis dramático de todos cantos se recordan na parroquia de Sancobade ao logo da súa historia, localidade está última na que se asentan os dous tercios do actual casco urbano da capital de Terra Chá.

Reloxo 08.06.2008 | 08:01
TAGS: aCrlismo , Terra Cha , Vilalba ,

Cruz de Santos Cruz de Santos. Antonio Cendán

Corría o ano 1837 cando se estaba a desenvolver a primeira expedición carlista polo Estado español. Os partidarios de Carlos María Isidro, irmán do rei Fernando VII, pretendían espallar o seu movemento por todo o país, sendo obxectivo preferente para eles as áreas rurais. En Euskadi era onde contaban cun maior apoio. Agardaban que en Galiza sucedese outro tanto, xa que sabían que era a zona da península que contaba con maior poboación rural e, a súa vez, cunha maior dispersión poboacional.

or azar ou por outras circunstancias, o certo é que unha expedición carlista achegouse a comarca chairega nos primeiros meses de 1837. O lugar elixido foi Cruz de Santos, onde se emprazan os límites de catro parroquias vilalbesas: Sancobade, San Xurxo de Rioaveso, Oleiros e Goiriz. A zona estaba ubicada nun punto estratéxico, no Camiño Real que enlazaba as catro localidades coa capital chairega e que era a principal ruta para veciños e viaxeiros da época, a uns catro kilómetros de Vilalba.

Asimesmo, o campamento carlista tiña moi preto algúns barrios de Oleiros e outros de Sancobade. Foron precisamente os desta última parroquia os que elixiron para abastecerse de provisións, principalmente cereais. Contaban tamén nas inmediacións coa canteira do Porto da Egua, da que podían fornecerse de pedra para facer valados, a xeito de trincheiras.

Segundo dín as lendas, os veciños dos barrios da Frouseira e o Ramallal, foron os que máis sofriron as consecuencias da chegada da expedición carlista. Moitos deles víronse na obriga de xunguir carros de bois para achegarlles pertenzas das que dispoñían na casa, entre elas trigo, patacas e carne de porco. Non embargante, algún, concretamente un que residía no lugar do Porto da Egua, que fora obrigado a saír en plena noite cara o campamento carlista, burlou a vixiancia destes últimos e escapou para a Frouseira, o barrio máis populoso dos asaltados.

Ao parecer, días despois os expedicionarios tiveron que enfrontarse a un grupo de militares, procedentes dos cuarteis de Parga e Lugo, dando lugar a unha terríbel batalla na que se produciron varias ducias de mortos, aínda que non se pode precisar a cifra con exactitude. A meirande parte das baixas pertencían ao bando carlista. Algúns conseguiron escapar, mentres outros foron apreixados. Polo que respecta as vítimas non se sabe de certo o que ocorreu con elas. Tamén é posíbel que houbese algún veciño das parroquias de Oleiros ou Sancobade, que fose sorprendido no lugar, ao ser un espazo dedicado case exclusivamente a faenas agrarias e forestais naquela época. Unha hipótese sostén que os que alí perderon a vida recibiron sepultura no cimiterio parroquial de Oleiros, a escasamente tres kilómetros do lugar dos feitos, aínda que xa non exista ningunha lápida que lembre os falecidos.

O único recordo que queda do episodio máis tráxico que tivo lugar na Vilalba do século XIX é unha vella cruz de ferro sobre unha chanta de pedra en memoria dos que alí morreron. Esta única homenaxe , que hoxendía ten carácter puramente histórico, atópase nun grave estado de deterioro, xa que, a máis de ser abandonado o Camiño Real pola maior parte dos veciños das parroquias que alí conflúen, a antiga cruz está rodeada de silveiras e árbores bravas que foron medrando o seu arredor, sen que o lugar fose nunca adecentado, tal vez por descoñecemento de causa.

Cruz de Santos é na actualidade a lembranza dun suceso que non recolleron as crónicas oficiais da época e que constitúe,  sen lugar a dúbidas, o feito máis dramático de todos cantos se recordan na parroquia de Sancobade ao logo da súa historia, localidade está última na que se asentan os dous tercios do actual casco urbano da capital de Terra Chá.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río