
Estamos de noraboa, porque non criaremos máis analfabetos dixitais... pero non pola educación nin ferramentas que lles ofrecemos na escola, xa o que o novo modelo de sociedade da por sabido, por imprescindible -as TIC, a informática-, é desprezado polo sistema educativo galego.
Un ratio de 7 alumnos por ordenador, a consellería de Educación no Global Education Technology Summit en Canadá, invitada pola empresa que nos vendeu máis de 1,000 pizarras dixitais... e a maior parte dos ordenadores e pizarras sen saír das caixas, porque nin hai quen os instale nin que saiba utilizalos para o ensino.
Ante este desatino, sumado a outros moitos menos evidentes, os profesores piden axuda desesperados e os responsables políticos permanecen inmóbiles, reacios a intentar comprender sequera esta nova realidade que lles resulta extrana.
Mentres tanto, os nosos nenos son forzados diariamente a unha nova inmigración, por outra banda ben diferente á dos seus avós, sen saír do País: de nativos dixitais no fogar, a inmigrantes analóxicos na escola.
Descargar Tarifas