PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
O PP FoXE DA POLÉMICA LINGÜISTICA
A Cámara únese para pedir que a TV portuguesa chegue a Galiza

Manuel Vilas O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta presentada por Bieito Lobeira, pero Bloque e PSOE discuten abertamente sobre se o galego e o portugués son a mesma lingua.

Reloxo 09.04.2008 | 13:04
TAGS: Portugal , TDT ,

Bieito Lobeira dialoga con Laura Sánchez Piñón Bieito Lobeira dialoga con Laura Sánchez Piñón. AGN

“Hai nenos en Galiza que saben o que significa ‘Friday’ pero non ‘sexta-feira’”. Este foi un dos argumentos do deputado nacionalista Bieito Lobeira para defender unha Proposición non de Lei a prol de que as televisións e radios portuguesas se poidan recibir no país. O Parlamento aprobou por unanimidade a proposta, tras modificala nunha rápida negociación entre PP, PSOE e Bloque. Malia estar de acordo en que a televisión lusa se reciba en Galiza “no prazo máis inmediato posíbel”, os socios do bipartito mostraron sen reparos as súas diferencias no status da lingua .

Unha lingua ou dúas

“Galegos e portugueses compartimos un mesmo sistema lingüístico” argumentou Lobeira. Idea quen no comparte o deputado socialista Francisco Cerviño quen, citando a filóloga Pilar Vázquez Cuesta, cre que “son linguas moi próximas pero diferentes, sobre todo no eido fonético”. Cerviño mesmo admitiu que entende mellor o italiano que o portugués de Lisboa, algo que para Lobeira considerou que non é “normal”.

Postura do PP

Pola súa banda, o PP mantívose en todo momento á marxe do debate puramente lingüístico. O parlamentario conservador Diego Calvo limitouse a criticar a Xunta por, na súa opinión, desfacer o achegamento co norte do Estado veciño logrado durante a Era Fraga a través de organismos como o Eixo Atlántico.

En opinión do Bloque, non hai impedimentos técnicos para a difusión do sinal luso. Opinión rebatida por PSOE e PP, que presentaron respectivamente emendas para supeditar a difusión á adaptación técnica da nova Televisión Dixital Terrestre (TDT) e a que Portugal permita a recepción das canles españolas no seu territorio. O pacto final eliminou estas emendas, pero especifica solicitar que as radios e televisións galegas tamén se emitan no estado veciño.

O PSOE fala de lingua enferma

Os tres partidos concordan en que a chegada das televisións lusas ao país será positiva. En opinión de Cerviño “contribuiría a evitar a morte da nosa lingua, que está gravemente enferma”. Para Lobeira, que apostou pola difusión das catro canles lusas que emiten en aberto, axudaría a “rematar con cinco séculos de prexuízos históricos inducidos cunha clara finalidade política”. Calvo mesmo defendeu que as emisoras do país veciño dispoñan dun ‘multiplex’ propio na TDT, algo que atrasaría a difusión pois obrigaría a apertura dun concurso público para esas canles.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río