PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
Manifestación a prol da lingua o 18 de maio
A Mesa fala de 'mínimos históricos' do galego nos medios

Manuel Vilas A organización convoca unha manifestación para o 18 de maio en Santiago baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”. Callón considera que houbo melloras na atención ao galego na CRTVG

Reloxo 24.03.2008 | 12:39

Carlos Callón Carlos Callón. MV “Polo dereito a vivirmos en galego”. Este é o lema da manifestación que organiza a Mesa pola Normalización Lingüística en Santiago para o domingo 18 de maio. Na presentación da protesta, o presidente da organización, Carlos Callón, alertou do retroceso que sofre a lingua en ámbitos como o ensino e os medios de comunicación.

Niveis da Transición

Así, o presidente da Mesa denuncia que o emprego do galego nos medios privados do país está nos niveis máis baixos dende a Transición. Callón culpa a Xunta, en concreto á Presidencia do Goberno, de permitir que as subvencións que reciben os empresarios da comunicación para fomentar a lingua non se traduzan nun uso real do idioma. Por iso, urxe a Xunta a “tomar medidas” e a “exercer a súa responsabilidade”.

No referido aos medios públicos, a Mesa alerta do “claro retroceso” nos medios do Estado. Callón incluso asegura que o uso do galego está en “mínimos históricos na CRTVE” malia “as peticións do Parlamento, dos traballadores e da sociedade”.

Mellora na CRTVG

Polo contrario, a Mesa fala de “melloras substanciais” na CRTVG, aínda que tamén indica que “queda moito camiño por recoller”.

En opinión de Callón “non hai ningún ámbito da vida social no que non se garanta que se poida usar o galego nun 50 por cento como mínimo”. En particular atacou a Consellaría de Educación –de quen dixo que non está a facer cumprir as porcentaxes mínimas de horas en galego– e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, á que acusou de “non actuar e ter unha liña continuísta dende tempos do Goberno do PP”.

Os conservadores e a asociación Galicia Bilingüe foron outros dos obxectivos da Mesa. Callón argumenta que este partido e a asociación que dirixe Gloria Lago están a montar unha “escandaleira cínica” ao alertar dos supostos ataques ao español no país.

Chamamento aos concellos

A Mesa agarda que a manifestación do 18 de maio sexa “masiva” e fai un chamamento a asociacións, sindicatos e outros organismos –especialmente aos concellos– a unirse á convocatoria. O manifesto da protesta será aprobado este sábado, 29 de marzo, durante a Asemblea Xeral que terá lugar na Galería Sargadelos de Santiago.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río