PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
Publícase ant_art, unha aventura creativa en 52 semanas

Mar Barros Vén de publicarse ant_art, o libro que recolle a experiencia dun proxecto artístico pioneiro na prensa galega, que durante un ano levou ás paxinas do semanario A Nosa Terra a obra de 52 creadores contemporáneos da península

Reloxo 16.03.2008 | 12:54

Xosé Manuel Buxán Xosé Manuel Buxán. Paco Vilabarros

Crítico de arte, comisario independente e autor de diversas publicacións, Xosé Manuel Buxán foi a alma mater de ant_art, o proxecto creativo que durante un ano fundiu o mundo da arte coa inmediatez da rotativa e levou as páxinas do semanario A Nosa Terra as propostas de 52 artistas de toda a península. Un ano despois da experiencia, rara avis na prensa galega e española, vén de publicarse o libro de arte Ant_art que reúne e dá homoxeneidade ás entregas artísticas que se foron sucedendo durante 52 semanas.
Esta aventura artística, que fai alusión no seu nome aos acrósticos do semanario e ao termo arte, naceu en 2006 coa intención de achegar os creadores ao mundo xornalístico, sometelos aos seus ritmos e as súas limitacións, pero tamén facer chegar a arte ao espectador a través de vías pouco exploradas. Deste xeito, ant_art converteuse nunha sorte de mostra seriada de artistas convidados e Xosé Manuel Buxán como comisario.
“A idea era implicar aos artistas no mundo da colaboración xornalística”. Na prensa escrita, o aspecto máis artístico vén da man de ilustradores e de humoristas gráficos, pero poucas veces se transcende esa fronteira. “Perseguía darlle unha volta máis a esa realidade, é dicir, que os artistas plásticos que habitualmente fan exposicións e catálogos se atreveran co propio xornal”, sinala Buxán.
Esta non é a primeira vez que a arte se vale das rotativas perseguindo un fin común. En xullo de 1997 o propio Buxán realizou no suplemento mensual Chinenes, do xornal O Correo Galego, unha intervención de vintecatro páxinas a xeito de exposición. Exemplos similares poden toparse na prensa do Estado, pero non da dimensión de ant_art, polo número de artistas que englobou e pola súa duración no tempo. “Ant-art converteuse nun escaparate e nunha mostra” comenta Buxán “con moito máis público e receptores dos que adoita ter calquera exposición ad hoc e onde a arte contemporánea ibérica amosaba as cuestións que lles interesaban aos seus artistas”.

 

(Máis informacion na edición en papel de A Nosa Terra)

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río