PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Presentadas pola APDR
4.000 alegacións contra a autorización ambiental integrada a ENCE

E. P O colectivo ecoloxista entregaraas este sábado na delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente.

Reloxo 28.02.2008 | 19:36

A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra reuniu máis de 4.000 alegacións contra a concesión de Autorización Ambiental Integrada á fábrica de Ence en Lourizán.

Esta iniciativa forma parte dunha campaña impulsada pola APDR como medida de "rexeitamento á consolidación do complexo Ence-Elnosa" na súa actual situación. A campaña de recollida de alegacións concluirá precisamente o sábado, coa instalación dunha mesa pública ante a delegación da Consellería de Medio Ambiente, de 11:30 a 12:30 horas, onde recollerán as últimas alegacións que asinen os cidadáns interesados en sumarse a esta iniciativa

O colectivo ecoloxista destacou o "amplísimo rexeitamento" que a poboación da bisbarra de Pontevedra mostrou contra a presenza do Ence e Elnosa. Ademais, asegurou que se trata dun "sentimento maioritario", co que confían en "facer cambiar a actitude do goberno galego cara ao complexo industrial; unha actitude que cualifican de "timorata, cando non de sometemento aos intereses empresariais".

A pesar de que, segundo a APDR, "existen suficientes razóns" para denegar a Autorización Ambiental Integrada a ENCE, a organización ambiental admitiu que sospeita que a Consellería de Medio Ambiente "acabe concedéndolla".

Ante esta posibilidade, a APDR advertiu de que se trataría dunha "ilegalidade". Ademais recordou que sería "contraria ao acordo programático" de goberno bipartito asinado polo BNG e o PSOE.

O contido da alegación pública elaborada pola APDR recolle que o prazo de tramitación da Autorización Ambiental Integrada "non se pode prorrogar de forma artificiosa", polo que o colectivo ecoloxista reclama que a solicitude de Ence "debe considerarse desestimada por silencio administrativo negativo".

A alegación formulada tamén cita que "non consta" que ENCE solicitara ao Concello de Pontevedra o informe preceptivo e acreditativo de compatibilidade co plan urbanístico.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río