PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
O PP segue a superar o PSOE
O BNG sobe en intención de voto de cara ás xerais

Redacción .  De celebrarse hoxe eleccións xerais, o PP apañaría o 40,4 por cento do voto, a 2,6 puntos dos socialistas, que acadarían o 37,8 por cento. Neste contexto, o BNG logra unha lixeira mellora, co 1,2 por cento en estimación de voto.

Reloxo 01.02.2010 | 17:12

Guillerme Vázquez nas xornadas organizadas polo BNG Guillerme Vázquez nas xornadas organizadas polo BNG. Jessica Barcala/AGN

Segundo os datos do Publicopio de xaneiro, realizado a través de 3.206 entrevistas, o PP sería a forza máis votada de celebrarse hoxe as eleccións xerais. O partido de Mariano Raxoi logra unha estimación de voto do 40,4 por cento, seguido do PSOE, co 37,8 por cento. A continuación, sitúase Izquierda Unida –co 5,2 por cento–, UpyD –co 5,1 por cento– e CiU –co 2,8 por cento.

O PNV e o BNG son as únicas formacións nacionalistas que incrementan o seu apoio segundo este inquérito. Así, ambos os dous grupos políticos logran o 1,2 por cento en intención de voto. Respecto á última enquisa de Público, os vascos soben nunha décima, mentres que os galegos aumentan dúas décimas. Despois de PNV e BNG colócase ERC, que acada o 1,1 por cento.

Valoración de líderes

A portavoz de UPyD, Rosa Díez, mantense á fronte da valoración de líderes políticos, sendo a única que consegue o aprobado, cun 5. O duelo de valoracións entre os dous xefes de filas dos dous partidos maioritarios, PSOE e PP, sáldase cunha leve vantaxe a favor de Raxoi (4,2), que se sitúa a dúas décimas por riba de José Luís Rodríguez Zapatero (4).

O líder de CIU, Artur Mas, álzase ao segundo lugar (4,3), quedando o coordinador xeral de IU, Cayo Lara, nun cuarto posto empatado co secretario xeral do PSOE (4,0 ambos). O líder do PNV, Íñigo Urkullu, mellora unha décima respecto ao mes de decembro e queda na quinta posición (3,5). Joan Puigcercós, líder de ERC, ocupa o sexto posto (3,3).

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río