PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
O AUTOR PREFIRE SEGUIR NO ANONIMATO
Jújel, o buscador 'jallejo'

Lara Rozados Xa nolo advirten: "nenos, non escribades así na casa!", pero os creadores do Jújel, o buscador con gheada e seseo, empregaron o iota para simplificar.

Reloxo 20.02.2008 | 14:54
TAGS: jújel , buscador ,

O autor de Jujel oculta o seu rostro malia o éxito do buscador O autor de Jujel oculta o seu rostro malia o éxito do buscador. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita  

Xa podiamos realizar as nosas buscas en Google en galego normativo (a través de egoogle.org), pero agora contamos cunha nova achega: jujel.es, un experimento en cooperación con Google Inc. para limitar as buscas ás referencias galegas, ademais de ter unha portada ben simpática e orgullosa da nosa variedade dialectal, representando graficamente a gheada e o seseo.

A representación non é de todo fiel, xa que a letra j non existe no galego (a representación da gheada é gh ou kh, segundo se realice fricativa faringal ou laringal, no primeiro caso, ou fricativa velar xorda no segundo), pero xa nolo explican: "tomádeo coma unha licenza dos autores para abreviar na escritura dado que estamos a troulear e teclear 'ghughel' non queda moi ben nin é cómodo".

O proceso de busca é o mesmo que o de Google, pero salientando os resultados en páxinas galegas. "Funciona coma servizo público para que moitos galegos a poidan usar coma páxina de inicio, mellorar o filtrado das buscas de Google e estudar o impacto dun medio na Internet onde se manifestan estes fenómenos fonéticos galegos".

Un primeiro paso de cara á normalización dos dialectalismos na rede, aínda que xa é un fenóneno recorrente no mundo blogueiro: hai blogs que se pronuncian con gheada e seseo, outros, como o da poeta María Lado, que soan á Costa da Morte, e mesmo algúns que reproducen a particularísima fala de Goián (Tomiño).

Malia a popularidade do sitio, que non para de aparecer na prensa nas últimas semanas, o seu autor segue preferindo o anonimato.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río