Europa Press . A ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Helena Espinosa, asegurou hoxe que aproveitará a presidencia española na Unión Europea durante o primeiro semestre de 2010 para defender 'activamente' o 'valor estratéxico' do sector agroalimentario español cunha Política Agraria Común (PAC) 'forte e suficientemente dotada'.
Na súa comparecencia ante a Comisión Mixta da UE no Congreso dos deputados, Espinosa comentou que o sector tivo a “fortaleza necesaria” para ir adaptándose a todas e cada unha das esixencias que marcou Bruxelas, nun momento en que os retos son garantir a seguridade do abastecemento alimentario, a seguridade e conservación do medio ambiente e a “conservación” do mercado interno, complementaria á apertura no exterior. “Seguiremos traballando e defendendo aos agricultores”, dixo Espinosa ante as críticas do portavoz de Agricultura do PP, José Ignacio Llorens, ao que acusou de defender un modelo “casi caciquil” do campo . Insistiu en que o aprazamento de 18 meses para a entrada en vigor do novo regulamento europeo de medidas técnicas para o sector pesqueiro permitirá facer todas as consultas sectoriais e políticas necesarias para a avaliación dunha nova proposta xeral.
A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Helena Espinosa.
Política Pesqueira Común
A titular estatal de Agricultura e Medio Mariño amosou a súa disposición de alcanzar o máximo consenso para corrixir os problemas das actuais políticas pesqueiras sostíbeis no marco do debat3e do coñecido como Libro Verde para a reforma da PPC (Política Pesqueira Común).
Descargar Tarifas