PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
O PSdeG censura o novo decreto
Abel Losada: 'O canon eólico está feito a medida'

Redacción .  O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, considera que a nova norma sobre o Canon eólico 'provoca unha inasumíbel inseguranza xurídica' e paraliza 'o desenvolvemento dos proxectos xa en tramitación'.

Reloxo 24.11.2009 | 12:42
TAGS: PSdeG , Losada , eólico ,

Abel Losada no Parlamento Abel Losada no Parlamento. Pepe Ferrín/AGN

No pleno da Cámara, Abel Losada asegurou que este texto normativo non garante a participación pública e acusa o Goberno de Feixóo de “desquite partidista e partidario”. Tras preguntarlle ao conselleiro do ramo sobre os “intereses inconfensábeis” que defende a norma, denunciou que está feita a medida, “como unha auténtica vendeta política”.

Na mesma liña, censurou que con este plan “Galiza perdeu o tren do desenvolvemento eólico” e meteuse nun “túnel do tempo que transporta a nosa Comunidade ás peores maneiras do fraguismo”. Losada subliñou que a norma “esquece as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei da Paisaxe, minimiza as medidas de control ambientais, hai unha clara indefinición do proxecto e tamén unha falla de planificación”.

'Relaxa' os controis medioambientais

Segundo o parlamentario socialista, a Lei relaxa os controis medioambientais e territoriais para as instalacións das explotacións eólicas e permite a construción de parques na Rede Natura, obviando a avaliación de impacto ambiental.

Losada subliña que a norma estabelece unha “perigosa preferencia pola expropiación forzosa” e reclama un “reforzo das garantías dos propietarios na negociación coas empresas” antes de optar pola expropiación.

Por outra banda, pensa que o Fondo de Compensación Ambiental, estabelecido na norma, resulta “excesivamente vago” e anticipa unha “xestión dubidosa”, porque está aberto a todo tipo de manipulación política: “é o máis apropiado para Baltar en Ourense”.

Do mesmo xeito, censura que o proxecto non contemple o desenvolvemento da norma. Dende o seu punto de vista, “adoece de serios problemas técnicos” e “deteriorará a imaxe da Galiza como territorio receptor dos investimentos de todo tipo de axentes económicos”. O deputado acusa a Xunta de acordar a modificación por “un criterio estritamente político” contra unha decisión do anterior goberno.

Ademais, estima que o canon eólico non beneficiará os galegos e pide explicacións sobre a “racionalidade económica” dun PP que rexeita a taxa hidroeléctrica pero aposta por este mecanismo impositivo.

Discurso 'falaz'

Para o deputado, o discurso do Goberno de Feixóo sobre este tema “é falaz” e o que esconde detrás “é que hai menos Estado, menos control e mais facilidade para decisións discrecionais e arbitrarias”.

Losada considera que o método elixido pola Xunta de promover unha nova Lei e non unha declaración de nulidade do decreto aprobado polo anterior goberno evidencia que “non existían causas xurídicas para deixar sen efecto a norma anterior”, e que esta decisión forma parte da revisión ideolóxica que está a levar Feixóo dende o Goberno Galego.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río