Redacción . Asalariados do Consorcio de Igualdade e Benestar están a repartir panfletos críticos con La Voz de Galicia na súa manifestación este martes en Santiago.
Así, recolle diversas informacións xornalísticas sobre axudas concedidas a dedo ao diario coruñés pola nova administración do PP. Tamén recolle o informe do Consello de Contas sobre o IGAPE en 2002 onde se critica os convenios con medios. Ademais, o panfleto faise eco de que a paralización cautelar do concurso eólico foi demandada por Muvega, firma na que é socio José María Castellano, vicepresidente de La Voz.
Manifestación dos traballadores do Consorcio en Santiago.
1 / 6
Co título “Non á manipulación de La Voz de Galicia”o documento que reparten os foguistas durante a manifestación céntrase “nalgúns datos de porque La Voz estivo atacando sen cesar as políticas do anterior Goberno da Xunta e especialmente o decreto eólico e o Consorcio”.
Descargar Tarifas