PUBLICIDADE
Luns, 06 de setembro de 2010
Denuncian dumping
Ameaza de paro de camioneiros galegos

Xurxo González Parte dos transportistas galegos iniciarán o 1 de febreiro, de cumprir o ultimato lanzado a finais do pasado novembro, un paro indefinido para esixir un aumento das tarifas.

Reloxo 25.01.2008 | 19:25
TAGS: paro , transporte ,


O sábado 26 é o día límite marcado pola Plataforma da Defensa do Sector de Transporte de Mercadorías por Estrada Nacional e Internacional para chegar a un acordo coas empresas que contratan os seus servizos, denominadas no argot técnico, “cargadoras”. A escasas horas da data límite, nin sequera conseguiron ter un interlocutor co que negociar.

 

Antonio Llanos, portavoz do colectivo, informa de que, a pesar de poñerse en contacto hai semanas coa Confederación de Empresarios de Galicia e coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, non recibiron ningún tipo de resposta por parte destas institucións. Fontes da Consellería sinalaron que non teñen competencias no conflito, e o único papel que poderían xogar é o de mediador. 

 

As principais reivindicacións da Plataforma céntranse en que as empresas cargadoras acepten os prezos que o Observatorio do Transporte, dependente Ministerio de Fomento sinala como custos directos de explotación (1,125 euros por Km para vehículos articulados de carga xeral e de 1,205 euros para frigoríficos articulados).

 

A Federación Galega de Transportes de Mercadorías de Galicia (Fegatramer), organización integrada na CEG, xa anunciou que non apoiará o paro. As grandes empresas do transporte benefícianse do seu tamaño para impoñer mellores prezos aos seus clientes, que ás veces non cobren os gastos.

 

As estimacións dos transportistas é que, coas recentes subas da gasolina, o 30% das empresas existentes hoxe poderían desaparecer, co que as que quedasen estarían en mellor situación para aumentar os prezos. Antonio Llanos considera que se se dá esta situación, o aumento repercutiría no consumidor final.

 

Nova reunión

 

Mañá está convocada unha nova reunión da Plataforma en Vigo para debater as medidas a seguir. Para ampliar a información sobre este conflito pódese consultar o sitio web www.transportes.org

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río