Redacción . O detido en Vigo, José Luis Fernández "Che" poderá eludila con fianza, por motivos de saúde. Está en cadeira de rodas por disparos da Policía.
Grapo- Manifa apoio a Carlos.
O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska decretou o ingreso en prisión dos cinco presuntos colaboradores a banda terrorista GRAPO, detidos no marco dunha operación desenvolvida pola Garda Civil, por un delito de suposta pertenza a organización terrorista. Un deles, José Luis Fernández, poderá eludila previo pagamento dunha fianza de 12.000 euros, debido a motivos de saúde.
Fernández, que quedou parapléxico a consecuencia dun disparo das Forzas de Seguridade do Estado, deberá ademais comparecer de forma semanal nas dependencias xudiciais. O xuíz prohibiulle abandonar o territorio español e decretou a retirada do seu pasaporte.
Os cinco arrestados, que foron trasladados a estas dependencias xudiciais unha vez cumprido o prazo de 72 horas despois da detención, negaron pertencer ao grupo terrorista GRAPO, informaron fontes xurídicas.
Dende a familia de Carlos Cela criticaron a actuación das forzas estatais, nunha actitude de nula democracia e interpretación abusiva da lexislación antiterrorista. Sen pertenza á formación, participan en accións comunistas e antifascistas.
Descargar Tarifas